EXPOSICIÓN NAVIDEÑA
Cruz Roja muestra el talento de trece vecinas de O Ribeiro
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
César Fernández Gil conseguiu a primeira maioría absoluta dun partido político na historia democrática de Ribadavia, recuperando o goberno que lle arrebatara unha moción de censura nesta última etapa mediante un pacto do PSOE e Ribeiro en Común.
Alguén dixo na campaña que en Ribadavia non había maiorías absolutas. Esperaba vostede este resultado?
A verdade é que si. Era o resultado polo que traballamos desde o primeiro momento. Tíñamos claro que en Ribadavia un dos principais problemas era a falla dunha maioría absoluta e nós defendemos que esa estabilidade era necesaria. Sendo conscientes da dificultade, nós apostamos por esa maioría absoluta que ao final conseguimos e que ten que ser o punto a partir do cal Ribadavia vaia mellorando e volva a recuperar ser o centro da comarca do Ribeiro e ser unha das vilas referentes na provincia.
Cantos anos hai que non se produce?
É a primeira maioría absoluta da historia da democracia. É a primeira vez que Ribadavia dá unha maioría absoluta a un só partido. É un fito histórico, realmente.
Cales pensa que foron os detonantes?
Eu, en primeiro lugar, creo que a cidadanía tiña clara a mensaxe que trasladamos ao comezo da campaña de que era necesaria unha maioría para dar estabilidade e que a partir desa estabilidade Ribadavia podería avanzar nun proxecto futuro. Ademais, tamén estaba o proxecto que presentamos; e para min un dos elementos clave da maioría absoluta foi o equipo. Eu son desas persoas que sempre cre que os grandes fitos se consiguen gracias a un equipo e nese sentido nós presentamos o mellor equipo.
Haberá novas áreas municipais?
Queremos facer unha aposta forte polo enoturismo, polo termalismo, tamén polas políticas que teñen que ver co desenvolvemento industrial, entendemos que Ribadavia necesita atraer investimentos, atraer empresas e, polo tanto, xerar emprego; e imos a facer unha aposta forte para definir novas bolsas de solo para vivendas.
Quedaron algúns proxectos sen executar anteriores a moción de censura?
Si, moitos, son proxectos estructurais e que hai que acometer de inmediato. Por poñer exemplos, seguimos sen unha nova residencia de maiores, sen un centro de día, sen aumentar o solo industrial e a día de hoxe intentar o asentamento de novas empresas é moi complicado porque non hay solo para que se poidan asentar, e tamén temos un problema derivados de novas bolsas de solo para a construción de vivendas. Outra cuestión é mellorar o servizo de abastecemento de auga, lembramos o problema que tivemos o pasado verán debido a unha captación que non é a máis adecuada para un concello rodeado de ríos e temos que apostar por resolver con carácter definitivo este problema.
Como deputado provincial, como ve a gobernabilidade da Deputación?
Teño claro que o PP foi o único partido que se presentou ás eleccións cunha clave provincial, cun programa específico para a Deputación e con un candidato tamén para a presidencia da Deputación, que é o presidente Manuel Baltar. Polo tanto, entendo que, ademais gañando as eleccións, quedando a un puñado de votos para a maioría absoluta, precisamente no partido xudicial de Ribadavia, pois entendo que a Deputación debe ser gobernada polo PP e polo presidente Manuel Baltar.
Esa opinión é extrapolable ao Concello de Ourense?
Non o sei, a verdade é que o Concello de Ourense non é o Concello de Ribadavia, eu vou a gobernar a partir do 17 de xuño, e non me corresponde a min falar diso.
Cales van ser os piares deste novo mandato?
Unha cuestión fundamental para todo concello é a estabilidade. Nós queremos ter un goberno que transmita confianza e, en definitiva, un goberno co que os veciños se sintan tranquilos e para eso nós entendemos que Ribadavia necesita un goberno ambicioso, que dedique o seu día a día a traballar e a sacar proxectos para os veciños. En segundo lugar, penso que é moi importante recuperar a estabilidade institucional. Nesta última etapa, Ribadavia non vivía unha situación de normalidade institucional e o goberno municipal, en moitas ocasións, empregábase máis como ferramenta para atacar a outras institucións que como unha ferramenta para desenvolver o potencial de Ribadavia. Nós queremos que o Concello volva a ser a casa de tódolos veciños desta vila, que volva a ser unha ferramenta útil para desenvolver os proxectos de futuro que Ribadavia necesita e que nunca máis sexa unha ferramenta de enfrentamento institucional como foi nestes últimos dous anos e medio.
Cal vai ser a primeira decisión que tome como alcalde?
O primeiro é comprobar cal é a situación exacta a nivel económico no concello, a situación real. Hoxe mesmo tivemos unha comisión urxente de Facenda á que se nos convocou para dictaminar a conta xeral do 2022. Hoxe coñecemos xa que a conta de facturas sen recoñecer do exercicio pasado suma unha cantidade de máis de 300.000 euros. Hai máis de 300.000 euros de facturas sen recoñecer na conta xeral do 2022. Queremos saber tamén o importe total de facturas que foron devoltas, de facturas que entraron e non foron tramitadas, é dicir, queremos ter unha radiografía exacta da situación económica porque é fundamental para poder desenvolver as accións de futuro.
Cales pensa que son as necesidades máis perentorias?
Temos que afrontar de inmediato a ampliación de solo industrial, de solo para novas vivendas, construción da nova residencia, do centro de día, unha nova gardería e potenciar o Camiño Miñoto cun albergue de peregrinos. Hai moitas cousas que son moi importantes e moi urxentes, como desenvolver medidas de apoio ao comercio, unha cousa moi importante sobre a que tamén quero facer fincapé é a importancia do comercio para o desenvolvemento de Ribadavia. Estamos nun momento que por un cambio xeneracional moitos comercios están pechando, e entendemos que hai que incentivar novos emprendedores e para eso unha das cousas que queremos poñer en marcha é unha oficina de asesoramento a emprendedores e medidas fiscais para incentivar que non se perda o comercio. Que Ribadavia sexa un lugar atractivo para emprender e por iso son importantes as medidas enfocadas ao comercio pero tamén á vivenda.
De feito Ribadavia necesita máis poboación para non baixar dos 5.000 habitantes. É iso un problema?
O problema demográfico é un dos problemas máis graves que temos, é un problema de occidente realmente, pero aquí estamos baixando moito. O último dato oficial ponnos en 5.003 habitantes, pero o dato provisional de 2022 deixanos xa en 4.970, hai unha probabilidade grande que estemos xa por debaixo dos 5.000 habitantes. A clave está en procurar que Ribadavia sexa un lugar atractivo para que familias novas veñan a desenvolver aquí o seu proxecto vital e para eso necesitamos vivenda e necesitamos emprego, que teñen que ser dúas das liñas estratéxicas.
Como vai resolver a falta de auga en verán?
Facer un uso responsable desde a propia institución municipal. O ano pasado xa había advertencia por parte da empresa concesionaria para tomar unha serie de medidas que non se levaron. Si a captación de urxencia se fixera en maio pois non teríamos que chegar aos cortes de auga no verán. A solución definitiva pasa por a realización dunha renovación da captación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPOSICIÓN NAVIDEÑA
Cruz Roja muestra el talento de trece vecinas de O Ribeiro
REHABILITAR VILLAS HISTÓRICAS
Cinco locales de Vilas Vivas están en fase de adjudicación
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
Lo último
A LA ESPERA DE LOS PUNTOS DE PAZ
Un ataque aéreo ruso contra Kiev deja muertos, decenas de heridos, apagones y cortes de calefacción