OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
O Balneario de Laias acolleu hoxe a última reunión deste mandato do Consello de Comunidades Galegas tras tres anos, mañá conformarase un novo, aínda que os actuais membros poden ser reelixidos. 'Mañá teremos a 80 entidades galegas de 13 países distintos que representan ao conXunto de galegos do mundo' segundo asegurou o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Hai unha cifra aproximada de 100.000 asociados a estas entidades, que representan aos máis de 500.000 galegos no exterior. As conclusións que se obteñan servirán para enfocar o traballo da Xunta de Galicia en materia de Emigración. Miranda explicou que van falar "do retorno, dando conta de como é esa estratexia Galicia Retorna 23-26 e escoitar o que nos poden aportar".
José Gil é o presidente da Asociación Cultural “Xeitosiñas” de Zurich, con máis de 40 anos de historia. Neste centro valoran moi positivamente as facilidades que a Xunta de Galicia lles da. Sobre o programa de retornados Gil dixo que “é de agradecer que Galicia se reencontra coa sangue do seu orixe” e que “vir a Galicia é un paraíso”. Dende que se puxo en marcha a Lei de Galeguidade en 1983 as relacións coa comunidade teñen mellorado moito e actualmente o ámbito no que máis se traballa é na integración das xente moza. Pola súa banda, José Antonio Otero, presidente do Lar Galego de Sevilla e da Federación de Centros Galegos de Extremadura, Ceuta e Andalucía quixo poñer en valor as funcións da Comisión. Trátase dun órgano permanente de representación de tódalas comunidades galegas e “intentan constituirse na voz dos galegos”. Os pilares deste ano son catro: retorno, ámbitos sociais, promoción da cultura galega e galeguidade. Representando á Irmandade Galega de Venezuela, Noemí Cendón, analizou as inquedanzas dos emigrantes en termos xerais, pero tamén as peculiaridades de cada territorio: “Cada continente ten a súa propia realidade, o que nos une é a galeguidade, estemos aquí ou fóra”. Según Cendón, Galicia está vivindo unha situación positiva, co cal xa non é un territorio de emigración masiva; esta é unha boa noticia para os centros que fai que “quenes vivimos noutro país nos sintamos apoiados pola Xunta de Galicia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de junio?
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
No falta trabajo, falta quien quiera sostenerlo (en las condiciones de siempre)