Festas da Virxe do Portal de Ribadavia: misas, horarios e programa completo
FESTEXOS
O venres comezan os cultos á patrona Virxe do Portal de Ribadavia. A novena celébrase entre o 30 de agosto e o 7 de setembro, e o 8 é o día da patrona do ribeiro
A comarca do Ribeiro prepárase para honrar á súa excelsa patroa: a Virxe do Portal. As celebracións darán comezo o venres 30 de agosto coa procesión de subida da Virxe á igrexa parroquial de San Domingos de Ribadavia.
Desde a parroquia sinalan que os días de semana a Santa Misa e o rezo da novena serán ás 8,00, 11,00 e 20,00 horas.
Para o domingo, día 1 de setembro os mesmos cultos están previstos para as 9,30, 11,00, 12,00 e 20,00 horas.
Ademais, engaden que durante a novena terán lugar outra serie de actos como o rosario de antorchas o xoves 5, ás 22,00 horas, no atrio de San Domingos, e a ofrenda floral das nais, o venres día 6.
Na xornada seguinte, os porteadores da Cofradía do Portal realizarán a súa ofrenda.
O domingo 8 de setembro, festividade da Nosa Señora do Portal, haberá misa ás 9,00, 10,00 e 20,00 horas. Así mesmo, ás 10,30h horas terá lugar a procesión polas rúas de Ribadavia e a continuación a Misa Solemne presidida polo Cardeal Carlos Osoro Sierra, arcebispo emérito de Madrid. Xa o luns 9 de setembro, haberá misas ás 11,00 e 18,30 horas. Rematando os cultos relixiosos en honor á Virxe do Portal, ás 19,00 horas, en que terá lugar a emotiva procesión de retorno da imaxe ao seu santuario.
Os actos están organizados pola Parroquia San Domingos e a Cofradía do Portal, coa colaboración do Concello de Ribadavia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto