O grupo socialista de Cenlle propón que se remate a estrada entre Ribadavia e Maside

A iniciativa do alcalde de San Amaro, o ‘popular’ Ernesto Pérez, para establecer un enlace da estrada entre Valdepereira (Ribadavia) e Maside coa autovía Dozón-Ourense recibiu o respaldo do grupo municipal do PSOE de Cenlle. Os socialistas anunciaron que ‘estamos dispostos a facer propostas en positivo para conquerir que se remate a reforma desta vía de comunicación’.

X.A. Reboiro
Publicado: 10 feb 2009 - 10:42 Actualizado: 10 feb 2014 - 23:40

Nese sentido, o voceiro do PSOE na Corporación de Cenlle, Jesús Fernández, considera prioritaria esta obra, ‘pois só quedan ó redor de seis quilómetros por arranxar’, e lembra que iste proxecto ‘pode engarzarse coa petición do alcalde de San Amaro, quen propuxo facililtar o acceso desta estrada para comunicala coa autovía a Santiago no enlace en Maside’.

Receptividade Jesús Fernández lamenta que o rexedor de Cenlle, Manuel García, do PPn, ‘nos estea dando largas afirmando que está pendente de plantexarllelo ó Presidente da Deputación, José Luis Baltar, mentres nós xa presentamos ata tres propostas ante a alcaldía para que se execute o proxecto’. Os socialistas fan referencia ‘á pouca ou nula receptividade do alcalde ante as nosas iniciativas, coma quedou demostrado no rexeitamento da moción para declarar a Cenlle como ‘zona de especial afectación económica’ debido ós danos causados polo temporal’.

Contenido patrocinado

stats