GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
O RIBEIRO
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participou onte, da man do seu presidente, Juan Manuel Casares, no segundo Congreso Nacional de Barrios Históricos de Bodegas, organizado pola ruta do viño Rioja Alta en San Asensio, La Rioja. Unhas xornadas que se centraron na aportación económica e turística que supoñen estes entornos para cidades e pobos onde están situados.
Juan Casares impartiu unha charla sobre como se articularon os distintos asentamentos no Ribeiro ao longo da historia e as pegadas que deixaron nel. Neste senso comenta "o Ribeiro ten un patrimonio arquitectónico e cultural, ligado ao viño, moi rico, segundo algúns autores, o máis importante da península". Ademais, aproveitou para presentar a campaña da Ruta do Viño do Ribeiro "O Camiño do Viño" coa intención de poñer en valor o territorio utilizando unha das maiores potencialidades sen explotar como é a historia. No congreso mostráronse puntos de vista técnicos cos que requiren ser tratados estes conxuntos urbanísticos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro