lugada unha vivenda oficial na zona histórica de Ribadavia
NOVA PROMOCIÓN
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, entregou as chaves dunha vivenda, en réxime de alugueiro, ubicada no casco histórico da vila.
O delegado territorial explicou que se trata dun inmoble emprazado na rúa Salgado Moscoso, que forma parte dunha promoción de vivendas, construídas pola Xunta. Ten
unha superficie 100,93 metros cadrados distribuídos en tres plantas e vai dotada dun sistema de calefacción alimentado por unha caldeira de biomasa e radiadores no interior mentres que os tres dormitorios contan con armarios encaixados.
A vivenda foi adxudicada en réxime de alugamento, polo que os seus inquilinos pagarán unha renda mensual en función dos ingresos da persoa adxudicataria.
Condicións
Unha das condicións que deben cumprir os beneficiarios é estar inscrito no Rexistro único de demandantes de vivenda, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último