O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece un ciclo de cine clásico
CULTURA
A cita co cine clásico será na primeira quincena de xullo os días 6, 8, 13 e 15, ás 22,00 horas, no patio do museo
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a novena edición do ciclo de cine: Marxes Fílmicas, que coincide co 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo. A cita co cine clásico será na primeira quincena de xullo os días 6, 8, 13 e 15, ás 22,00 horas, no patio do museo até completar a capacidade e coas medidas de hixiene e seguridade decretadas polas autoridades ante a pandemia da covid-19. As sesións serán de balde e en versión orixinal.
O ciclo iniciouse en 2012 e continúa neste 2020, contando coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, e "de novo grazas á súa selección, xestión e proxección dentro dunha realidade especial. O obxectivo da selección de filmes de cine clásico escollidos pola xente do Cineclube Padre Feijoo para esta edición especial é pintarnos un sorriso na cara", sinalan os responsables do Museo Etnolóxico.
Programa
Marxes Fílmicas comenza o día 6 de xullo con "Whisky a fartar" (Reino Unido, 1949), dirixida por Alexander Mackendrick.
O día 8, "A estraña parella" (EUA, 1968), dirixida por Gene Saks.
A seguinte proxección está prevista para o 13 de xullo, con "Rufufú" (Italia, 1958) de Mario Monicelli.
O ciclo remata o mércores, 15 de xullo, coa película "Sopa de ganso" (EUA, 1933), dirixida por Leo McCarey.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto