O Museo Etnolóxico pon en marcha un ciclo de cine
audiovisual
Será todos os sábados de novembro, ás 20,00 horas, e gratuíto ata completar o aforo.
O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece desde este sábado un ciclo de cine de outono. Será todos os sábados de novembro, ás 20,00 horas, e gratuíto ata completar o aforo. Este ano as miradas etnográficas serán unhas viaxes excéntricas a través do audiovisual de Jaime Prado, Xosé Reigosa, Andrea Vázquez, J.A. Blanco e Iban del Campo, con catro filmes nos que se presenta a lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía.
"As viaxes excéntricas poden chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles que achegan experiencias imprevisibles, pero que ao mesmo tempo poden resultar inesquecibles", sinalan os responsables do museo.
Despois do filme de Jaime Prado e Xosé Reigosa,"A viaxe de Ruth", que se proxectou e sobre o que se debatiu onte no museo, para o 16 de novembro está previsto "A imaxe reb/velada" de Andrea Vázquez; o día 22, "Mar de terra" de J.A. Blanco; e o sábado 29 de novembro, "Glitering Misfits" de Iban del Campo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto