O peche dun pantalán de Laias orixina polémica
DENUNCIA
O deputado provincial asegurou que é "un entorno cun amplo potencial" ao que veciños e veciñas "teñen recoñecido o dereito a ter acceso"
O BNG reclama que se abra o paso de servidume retirando o valado do pantalán de Laias, en Cenlle, tal e como afirma a Confederación Hidrográfica do Miño Sil que debe facerse, e deixando que poidan acceder ao lugar os veciños.
O deputado provincial, Xosé Manuel Puga, acompañado polo portavoz municipal, Gabriel Alberte, afirma que “estamos falando dun entorno cun amplo potencial, non só ecolóxico, senón tamén a nivel económico pola zona de esparcimento e de actividades náuticas que poden desenvolverse alí, pero ao mesmo tempo, as veciñas e veciños de Cenlle, tamén da comarca do Ribeiro e do resto de comarcas, teñen recoñecido o dereito a ter acceso a ese pantalán, polo que é precisa a retirada dese peche que lles impide o paso”.
Gabriel Alberte engade que “o PP de Cenlle negouse a actuar para legalizar o pantalán e négase a actuar para eliminar as restricións de paso da veciñanza ao pantalán”.
A alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, afirma que o Concello trasladou a petición á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para que resolva o que hai que facer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último