GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
O Concello de Ribadavia xa comezou a dar os primeiros pasos para conquerir que o areal existente ás beiras do río Avia, na localidade de San Cristovo, sexa declarado Espazo natural de interés local (Enil) pola Consellería de Medio Ambiente. Neste sentido, a Corporación municipal aprobou por maioría unha proposta do grupo Ribeiro en Común orientada a que o goberno local inste á Xunta a iniciar o correspondente expediente para obter a devandita declaración. Ademais, o Concello deberá solicitar a colaboración dos colectivos e asociacións ecoloxistas, coma é o caso de Ridimoas, co obxectivo de dispor dos informes que sexan precisos sobre a fauna e flora desa contorna fluvial.
Ó respecto, Ribeiro en Común lembrou as tarefas de conservación desenvoltas pola asociación Ridimoas, que no areal de San Cristovo ten catalogadas 60 exemplares de sapoconcho europeo, unha especie que figura en perigo de extinción no inventario elaborado pola Consellería de Medio Ambiente. Os ecoloxistas de Ridimoas atoparon o pasado mes de xuño neste enclave do río Avia unha tartaruga centenaria, que foi recollida e devolta ó seu hábitat natural logo de facerlle un estudio zoométrico. A proposta do grupo da oposición foi apoiadA polo equipo municipal de goberno do PP e tamén pola concelleira do BNG, mentres os catro ediles do PSOE abstivéronse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio
PASO A PASO
Sarpullido por calor: qué es y cómo aliviarlo