PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
A Igrexa da Madalena de Ribadavia será o lugar de encontro de diversas profesionais do sector do viño, que participarán nunha cata con motivo do 8M. Están convocadas pola alcaldesa, Noelia Rodríguez, para o próximo día 11, ás 18,00 horas.
A cata de viños estará dirixida pola sumiller Mercedes González y, como novidade este ano, tamén participará a regueifeira Lupe Blanco, “que percorrerá as rúas de Ribadavia regueifando ata chegar ao punto de celebración da cata dirixida por enólogas do Ribeiro, donde se catarán os viños elaborados tamén por viticultoras do Ribeiro”, apunta a rexedora municipal.
“É unha edición máis, desde que comecei esta iniciativa no ano 2018, e co fin de impulsar o labor da muller no sector vitivinícola tan considerado exclusivo do mundo dos ‘homes’, e nada mais lonxe da realidade”, engade.
Así, subliña Noelia Rodríguez que “as enólogas, adegueiras e colleiteiras que participan e repiten cada ano, fan un traballo extraordinario, estan a ganar terreo e a amosar que o fan con outra sensibilidade e perspectiva”.
Xa están confirmadas para participar na Cata do Día da Muller: Dori Rodriguez, Xulia Bande, Iria Otero, Maribel Gomez e Duvi González, entre outras diversas profesionais desta Denominación de Orixe Ribeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
PROYECCIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL
Un año histórico de Ribadavia al frente de la Red de Juderías
Lo último