Ribeiro en Común pide a nova captación de auga potable
CRÍTICAS
Ribeiro en Común exige que se inicien de inmediato las obras de subministro y tratamiento de agua para A Groba, Chabolas y Sanín, tras el retraso en su ejecución desde principios de 2023.
O grupo municipal Ribeiro en Común sinala que tras un novo anuncio do Concello e Xunta dun proxecto xa aprobado, como é o subministro e tratamento da auga para A Groba, Chabolas e Sanín, pide que se leve a cabo sen máis demora, “xa que recordamos que a comezos do ano 2023 xa fora acordado e anunciado, sen que se explicaran as razóns reais para que non se comezaran as obras. Vemos como a Xunta e o Concello en lugar de abordar os problemas reais da rede de auga de todo o municipio, optan por volver anunciar un proxecto que debería estar xa coas obras comezadas”.
Por iso, reclama que se retome o proxecto da nova captación realizado no anterior mandato e que foi aprobado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; ao mesmo tempo que se agilicen as obras na Groba, Chabolas e Sanín.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, afirma que Ribeiro en Común “está manipulando” porque “sabe que o proxecto deles foi anulado por Augas de Galicia e foi necesario contratar outro a un equipo redactor que o entregou no pasado mes de outubro”. En canto á nova captación para o municipio, sinala o alcalde que “estamos traballando desde o primeiro día buscando unha alternativa para garantir o subministro e antes de que acabe este mandato xa teremos resolto o da nova captación”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda
Itxu Díaz
Hacer un castillo de arena
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse de sol solo será total en la mitad nororiental de Ourense