UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
CULTURA
O director artístico da Mostra Internacional de Teatro, Roberto Pascual, deixa o cargo. Esta edición que se acaba de clausurar o pasado sábado foi a última en dirixir, segundo manifesta.
Coas 40 edicións, pecha un ciclo de éxito e crecemento cuantitativo e cualitativo da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que deixa paso a unha nova etapa, segundo valora Roberto Pascual.
No mellor momento do festival nas últimas décadas, Roberto Pascual, anuncia a súa decisión de deixar o cargo tras unha moi meditada fase de valoración da situación e do que significa para Ribadavia e para Galicia un motor sociocultural destas características. Por un lado, Roberto Pascual valora que despois de 15 anos e 16 edicións na dirección artística é necesario deixar paso a un novo proxecto nun cargo de responsabilidade pública dunha institución cultural coma a MIT.
"Non convén eternizarse nun mesmo posto de responsabilidade pública, débese ter sentido institucional", asegura Pascual
“Non convén eternizarse nun mesmo posto de responsabilidade pública, débese ter sentido institucional tanto nos momentos de defensa das debilidades coma nos momentos máis florecentes. A honestidade e o sentido de servizo público para os dereitos da cidadanía deben estar por enriba dos sentimentos egoístas que poidan darse en situacións de estabilidade e recoñecemento amplo coma esta”, afirma.
E engade que “marchar nun momento tan bo, con premios e apoios, tamén é xenerosidade co proxecto, oportunidade para que a Mostra poida seguir no bo camiño e darlle normalidade ás transicións, que na maioría dos casos se dan por motivos non positivos. Debería ser máis normal o legado en positivo para o ben común e as transicións acompañadas”.
Roberto Pascual fará un balance demorado da súa etapa, que foi dende a 25 edición ata a número 40, no mes de setembro. Será no pleno dese mes, no Consistorio de Ribadavia, e dará cumprida información e detalles da evolución da Mostra en termos de transparencia, sustentabilidade e progreso profesional e internacional.
"Marchar nun momento tan bo, con premios e apoios, tamén é xenerosidade co proxecto", apunta
Ata o mes de setembro non se detallarán as bases e procedementos para a escolla da nova dirección, na cal participará e colaborará de maneira xenerosa o director saínte, que tamén desexa emprender novos proxectos persoais e profesionais despois dunha intensa etapa de dedicación e inxente implicación no progreso da Mostra e da vila de Ribadavia.
O respaldo popular, a valoración da calidade polos medios especializados e a evolución do seu perfil internacional son os selos de calidade da histórica Mostra nestes últimos anos, que ten consolidado un equipo organizativo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense