GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
O Concello de Cenlle asume o tramo antigo da N-120, ata agora de competencia autonómica, de xeito previo á licitación das obras de reforma da travesía de Trasariz. As obras, que executará o Concello de Cenlle grazas ao convenio asinado coa Xunta de Galicia, teñen por obxecto a construción dunha senda peonil, para favorecer o tránsito seguro dos veciños, ao tempo que se mellorará a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e se contribuirá a humanizar o contorno da Casa do Concello.
A actuación proxectada comprende a execución dun itinerario peonil nesta travesía, que non dispón actualmente de beirarrúas nin delimitación de carrís, pero conta cun ancho suficiente para poder construír a senda, que irá pavimentada e con bordo de formigón a ambos os dous lados, como separación co propio pavimento da travesía.
Nos traballos inclúese a instalación de tubos e sumidoiros para lograr a correcta drenaxe da escorrenta superficial e, tamén, xunto ao edificio do Concello, a execución dun muro de contención coa fin de lograr un maior espazo para dar cabida á senda. Ademais, renovarase a sinalización vertical e horizontal ao longo da travesía.
A Administración autonómica invertirá máis de 170.000 euros nestas obras e a transferencia desta estrada é efectiva desde hoxe tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O Consello da Xunta autorizou o pasado 18 de febreiro a transferencia da titularidade da estrada. Deste xeito, o Concello de Cenlle asumirá a conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características, sen ser de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro