Unanimidade política para instar o cambio da xerencia de San Clodio
HOSTELERÍA
O BNG leva ao Parlamento galego a “situación escandalosa” do hotel
O BNG traslada ao Parlamento de Galicia o que califica como “o escándalo da concesión do Mosteiro de San Clodio en Leiro”. A deputada nacionalista por Ourense, Noa Presas, acompañada pola portavoz do BNG en Leiro, Rebeca Paz, anunciou que levará na próxima semana ao Parlamento “o incumprimento da concesión durante 24 anos”, afirmando que pedirá a revisión da adxudicación da xestión do Hotel Monumento San Clodio para retirar a concesión. Na mesta línea alerta tamén do “escándalo” do spa do viño, “sen funcionar despois de investir 2 millóns de euros, que se suma á chapuza termal do Partido Popular e do Balneario de Berán”, sinala Noa Presas.
A nacionalista recordou que “o Mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, situados no concello de Leiro, conforman un conxunto artístico con mostras de románico e barroco de incalculable valor cultural, patrimonial e social que debe ser protexido e valorizado polo seu significado para a comarca do Ribeiro”.
Restauración
Por iso, sinala que “a Xunta incumpriu as súas obrigas de posta en valor ao gastar recursos públicos en restaurar e dotar o inmoble para despois sacar unha concesión por 25 anos que leva 24 sen cumprirse”.
Presas afirma que tal e como ten denunciado Rebeca Paz reiteradas veces, “a realidade é que a día de hoxe, malia a importancia deste enclave e malia o orzamento público investido, son recorrentes as denuncias por parte da veciñanza da comarca de longos períodos de peche das instalacións hoteleiras, co conseguinte prexuízo na accesibilidade aos espazos por parte da cidadanía e co conseguinte prexuízo á hora de perder un activo para a dinamización cultural e económico-turística”. “A este escándalo súmase o do spa do viño, feito ad hoc pola Xunta para esta rede hoteleira e que non está funcionando nin cumpriu as condicións da concesión nestes anos”, engade.
Presas recorda que “a concesión impulsada por Fraga ten unha previsión de vinte e cinco anos que rematarían no 2025 e que é prorrogable, por períodos de 5 anos, ata cincuenta anos. É evidente que este modelo non é o adecuado e que hai que iniciar unha profunda auditoría dos seus resultados e iniciar os trámites para retirar a concesión e levarémolo ao Parlamento a próxima semana”.
O BNG reacciona desta maneira a raíz das recentes manifestacións da Xunta de Galicia, que ten en conta a vixencia da concesión ata o próximo ano, polo que deixará de momento a xestión en mans da empresa adxudicataria, a cadena Eurostars do grupo Hotusa, aínda que “vixilantes e en contacto coa concesionaria coa finalidade de garantir a mellor prestación do servicio posible”, engadindo que, “de feito, seguindo os trámites e procedementos estipulados na Lei de Contratos das administracións públicas, atopámonos dentro dos prazos para avaliar os aspectos dunha eventual prórroga ou dunha nova licitación, ponderando en todo momento os intereses públicos e a mellor oferta hosteleira posible”.
Alcalde
O alcalde de Leiro, o popular Francisco José Fernández, declaraba que xa se dirixiu en varias ocasións á Administración autonómica para informar de que o hotel e o spa “non funcionan”, polo que espera unha nova licitación para que este conxunto se converta no revulsivo turítico que pretendía ser, e que de feito, segundo apunta, foi durante os primeiros anos tras a inauguración en 1999.
O portavoz socialista, Manuel Rodríguez, coincide na necesidade de retirar a concesión e califica de despilfarro a inversión que fixo a Xunta e os 9.000 euros anuales que ten que abonar o Concello ao Mosteiro de Samos sin que repercuta en ningún beneficio para os veciños. Asegura que o PSOE xa solicitou en varias ocasións copia dos convenios sin obter resposta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EL AURIENSE-DÉPOR SE MANTIENE
El Gimnástica-UD Ourense ya tiene nueva fecha tras su aplazamiento por la tragedia de Urda