UU.AA. propón arrincar viñas ermas afectadas pola flavescencia en Ribadavia
ENFERMEDADES EN VIÑEDOS
Dende Unións Agrarias piden á Xunta de Galicia medias de actuación inmediatas fronte á flavescencia que está a afectar ás explotación de viñas nas zonas do Miño
Unións Agrarias insta a Xunta de Galicia a actuar ante a sucesión de gromos deflavescencia dourada, presente en moitas explotacións próximas ao río Miño.
Por un lado propoñen “realizar controis mais esixentes de certificación fitopatolóxica nos viveiros que neste tempo están aportando novas cepas ás explotacións, para evitar a entrada de plantas afectadas pola doenza”.
En paralelo, piden afondar na campaña de información a todos os selos da cadea vitivinícola “para teñan un coñecemento claro de como actuar de xeito eficaz ante unha das enfermidades fitoplasmáticas máis importantes e prexudiciais para a vide e polo tanto para renda das explotacións”.
Para a organización agraria tamén é moi importante que Xunta de Galicia “actúe xa para tratar de controlar, antes da primaveira, a actividade do insecto transmisor mediante trampeos, e tamán proceder inmediatamente a arrincar todas as cepas nas parcelas ermas”.
Para elo consideran preciso “dotar de orzamento un protocolo urxente de entrada nas parcelas abandonadas para arrincar as cepas e evitar que estas se convertan nun reservorio e un foco de propagación desta doenza. Sinalan que ”hai que actuar con rigor e celeridade e procurar métodos para controlar unha praga que pode ter consecuencias nefastas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PIDEN COLABORACIÓN
Desaparecida en Vigo una joven de 25 años desde el 9 de septiembre
AS BURGAS BASKET CUP
🔴 Directo | El COB se estrena en el Pazo ante el Oliveirense