GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
A Deputación de Ourense ven de licitar un contrato para a compra e colocación de sete mesas de granito cos seus respectivos bancos na área recreativa da Veronza, en Ribadavia. A actuación, coa que se substituirá por completo o actual equipamento de madeira, suporá un investimento de 14.060 euros por parte do goberno provincial e a execución das obras será dun mes.
O vicepresidente segundo da Deputación, Cesar Fernández, visitou a zona onde se acometerán estes traballos, acompañado polos técnicos da administración provincial Eva María Barrio e Manel Rodríguez. “A renovación completa do mobiliario desta zona garante a súa resistencia ás inclemencias meteorolóxicas, mellorando a imaxe e a conservación deste fermoso entorno á beira do río Avia”, sinalou César Fernández.
Esta actuación encáixase dentro do convenio de colaboración asinado en 2003 pola Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Norte -hoxe Miño-Sil- para as obras de acondicionamento da marxe dereita do Avia, a través do cal apostábase pola recuperación deste entorno natural. Neste marco de cooperación entre a Deputación e o organismo de cuenca, a administración provincial adquiriu o compromiso da conservación, mantemento e limpeza. Un compromiso polo que se incorpora tamén mobiliario ou sinalización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro