FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
A treixadura é a variedade branca raíña do viñedo do Ribeiro, é perfecta para a zona expresando nela todo o seu potencial. En progresiva implantación está desprazando a outra variedades menos apropiadas para esta zona; resulta insubstituíble na Comarca do Ribeiro e foi a principal responsable de que os nosos viños alcanzasen a súa mítica fama.
É unha variedade de brotación e maduración tardía e polo tanto sensible á altitude, polo que a medida que se ascende polas ladeiras e descenden as temperaturas, diminúen as posibilidades de que complete adecuadamente a súa maduración, predominando o seu cultivo en vales e ladeiras ben orientadas.
Os viños que produce son aromáticos, finos e elegantes, con recordos a froitas, delicadas notas florais e toques balsámicos. Pódense atopar monovarietais de Treixadura no Ribeiro, pero a maioría aposta pola sabia mestura das distintas variedades autóctonas con predominio da Treixadura, o que enriquece e fai única esta comarca, conseguindo viños armónicos e equilibrados desde o viñedo, viños diferentes, singulares e únicos. Estos viños adoitan ter unha boa e positiva evolución polo menos ata 2 anos da vendima.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
O viño galego, un sector que se consolida cada ano
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
Lo último
PREFERENTE FUTGAL
Los apuntes de la Preferente: Antela, Arnoia, Cented y Celanova
MENOS HORAS EN SECUNDARIA
Novedades del calendario escolar 2026/27 en Galicia: la Xunta propone estos días para el inicio y fin