APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
XXVIII EDICIÓN
É todo un clásico do verán na comarca de Monterrei, unha cita ineludible. O primeiro domingo de agosto, Oímbra vístese coas súas mellores galas para dar a benvida a unha grandísima cantidade de persoas atraídas polo seu pemento, unha exquisitez respaldada pola súa Indicación Xeográfica Protexida, e que por si soa ben paga a pena achegarse.
En total, este domingo servíronse máis de 1.500 quilogramos deste manxar, unha das principais referencias da rica horta local, e que pode presumir de ser un dos cinco pementos galegos de calidade diferenciada, toda unha garantía do seu sabor.
A Feira do Pemento de Oímbra, Festa de Interese Turístico Galego e sempre fiel aos seus costumes, cumpriu 28 anos cunha variada actividade concentrada na carballeira ao carón do Concello. Alí houbo postos de artesanía e produtos da zona, pulpeira e tamén se formaron as clásicas ringleiras de xente desexosa de probar pementos recén fritos de balde.
O bo ambiente fóra deu paso a multitudinario xantar con máis de 600 persoas, e que esgota sempre as súas entradas. Ninguén quixo perder un menú no que non faltaron os pementos, o pulpo nin a carne, ben maridados co viño da D.O. Monterrei de adegas locais.
Ao remate do xantar tivo lugar a entrega de premios aos participantes na tradicional exposición de pratos co pemento como ingrediente principal, unha mostra moi visitada. Un total de 35 veciños de tódalas idades amosaron o seu enxeño cunhas creacións que o ano que vén formarán parte dun novo receitario colectivo, tal e como o entregado este domingo.
Tralos premios, a alcaldesa anfitrioa, Ana María Villarino, tomou a palabra e convidou a todos a “seguir desfrutando do día e dos pementos e regresar o ano que vén”, coa vista xa posta nunha nova edición que de seguro volverá ser todo un éxito para a vila.
Pero antes diso, durante a tarde seguiu a música e varias actividades de diversión para pequenos e maiores. Un concerto do recoñecido grupo tradicional A Roda puxo fin o domingo á tarde-noite a unha xornada redonda de gastronomía e festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis
OBRAS NECESARIAS
Oímbra avanza en la mejora de vías y servicios municipales
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 12 de octubre