EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
FENDA DIXITAL
O Concello de Oímbra acolleu este martes unha sesión do programa “A Administración preto de ti”, unha iniciativa do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática deseñada para facilitar o acceso aos servizos públicos online nas zonas rurais. O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, acompañado pola alcaldesa, Ana Villarino, destacou a necesidade de eliminar a fenda dixital na provincia, caracterizada pola dispersión xeográfica e o avellentamento da poboación.
“Achegar recursos e trámites ao medio rural é fundamental para afrontar o reto demográfico e fortalecer a cohesión territorial”, asegurou o subdelegado durante a súa intervención. Na xornada, que tivo lugar no salón de plenos, técnicos da Subdelegación ofreceron atención individualizada aos veciños para que aprenderan a obter o certificado dixital e a manexar as sedes electrónicas da Dirección Xeral de Tráfico ou da Axencia Tributaria.
Eladio Santos lembrou que a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de forma dixital “máis do 90% das xestións e das comunicacións cos seus departamentos, incluíndo prestacións e pagos de impostos”. Ana Villarino, que aproveitou a primeira visita do subdelegado á vila para manter unha reunión, subliñou como positivo “trasladar a administración ao rural” e evitar “desprazamentos innecesarios á poboación”
Tralo seu paso por Oímbra, o programa continuará o 18 de febreiro en Lobios e posteriormente visitará A Peroxa, Calvos de Randín e A Bola.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis
Lo último
INVESTIGAN SU DOCUMENTACIÓN
Interceptan una posible narcolancha oculta bajo una lona en un camión en Mos