CRISTO BLANCO ROTO
Domingo de estreno en la “Capilla Barreira” de Bousés, en Oímbra
CONCURSO CON PREMIOS
Esta iniciativa convida a tódolos veciños de Oímbra a decorar os seus balcóns, fachadas ou recunchos das súas aldeas e compartir o resultado nas redes sociais. O certame, que busca “sacar o mellor das persoas: a súa alegría, o seu enxeño e o seu amor polo lugar no que viven”, xa está aberto e estenderase ata o vindeiro 28 de decembro, ás 23,59 horas.
Para optar ao premio, os participantes deben ser maiores de idade e residir ou ter casa no municipio. A mecánica é sinxela: deben subir unha fotografía da decoración real e propia ao seu perfil público de Facebook ou Instagram, mencionar a conta oficial (@concellodeoimbra) e incluír o cancelo #nadalenoimbra2025.
Dende a organización subliñan a importancia da autenticidade: non se permitirán imaxes creadas ou retocadas significativamente con IA, aínda que si se aceptan axustes básicos de luminosidade ou contraste. Así mesmo, as bases especifican que non está permitido etiquetar a outras persoas na publicación de participación, o que suporía a descualificación inmediata.
O sistema de votación será popular: gañará a fotografía que recade o maior número de likes reais durante o período do concurso. O Concello advirte que conta con medidas “anti-trampas” e non contabilizará votos procedentes de bots, contas sospeitosas ou compras de likes.
A persoa gañadora, que se anunciará entre o 29 e o 30 de decembro, recibirá unha cesta de Nadal composta por produtos de proximidade e típicos destas festas. O afortunado terá un prazo de 72 horas para contactar coa organización para reclamar o agasallo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRISTO BLANCO ROTO
Domingo de estreno en la “Capilla Barreira” de Bousés, en Oímbra
EUCARISTÍA ESPECIAL
El Cristo roto de la “Capilla Barreira” de Bousés, en Oímbra, estrena su oración
SEGUNDO MAYOR INCENDIO DE GALICIA
El día del incendio forestal de Oímbra había instrucciones de realizar desbroces
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril
La Región
El G7: pompa sin frutos