APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
RECREACIÓN DO PRENSADO
O concello de Oímbra volverá poñer en valor o seu patrimonio vitivinícola coa celebración da recreación do prensado nos lagares rupestres, este sábado, 11 de outubro, ás 12,00 horas no Lagar de Xan Preto, un dos espazos máis singulares do municipio.
A actividade pretende manter viva a memoria dunha tradición ancestral vencellada á cultura do viño, reproducindo o pisado de uva tradicional tal e como se realizaba séculos atrás nestas antigas estruturas escavadas na rocha.
Oímbra presume de atesourar a maior concentración catalogada de lagares rupestres de toda Galicia, cun total de 20, o que testemuña o peso histórico da viticultura na vila. Dous roteiros sinalizados, de 13 e de 4,8 quilómetros, respectivamente, permiten percorrer os lagares.
A recreación, organizada polo Concello co apoio da Deputación, o Inorde e a Ruta do Viño Monterrei, enmárcase dentro das iniciativas de divulgación e posta en valor do patrimonio etnográfico local. Esta iniciativa combina historia, natureza e enoturismo, ofrecendo aos asistentes a posibilidade de coñecer de primeira man o proceso tradicional de elaboración do viño.
Esa mañá, os cestos coa uva transportaranse como antano, en carros tirados por tracción animal, e tódolos anos hai veciños que aproveitan para vestir a roupa tradicional das vendimas do pasado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis
OBRAS NECESARIAS
Oímbra avanza en la mejora de vías y servicios municipales
Lo último