EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
INSTALACIÓN MUNICIPAL
Oímbra é o concello máis recente na comarca en unirse á “febre” do pádel, un dos deportes que máis ten medrado nos últimos anos.
A nova pista, ubicada onde estaba o campo de fútbol, detrás da báscula e moi preto do colexio, xa está dispoñible para a toda a veciñanza.
Para desfrutar da práctica do pádel, de forma totalmente gratuíta, é necesario rexistrarse primeiro e reservar a pista de forma sinxela a través da web do consistorio (oimbra.gal) cunha nova icona situado debaixo do acceso á sede electrónica.
Ademais de para reservar a instalación deportiva, para un máximo de catro persoas e en franxas de hora e media no seu horario de funcionamento (tódolos días entre as 9,00 e as 19,30 horas), o procedemento online permite asimesmo abrir de forma remota a porta que dá acceso á pista.
Tras rematar o turno, basta con pechala para que se bloquee o acceso automaticamente, e sen necesidade de acudir a ningún sitio para recoller ou deixar as chaves.
A nova pista de pádel de Oímbra contou cunha achega da Deputación por importe de 46.000 euros, coa que se finaciou integramente a súa construción, que se iniciou a finais de outubro.
A alcaldesa, Ana Villarino, asegura que “agora estamos traballando no proxecto para podela cubrir”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis
Lo último