Aldama: un modelo de que?
DENDE SEIXO-ALBO
Os aconteceres da política non deixan de sinalarnos novas que chaman e moito a atención. A sociedade do Lazarillo de Tormes, a dos pícaros, moito máis ampliada nas corruptelas, está moi presente no noso día a día. Eu diría que sempre estivo, mais hoxe podemos saber moitas cousas que durante a ditadura estaban agochadas, pois a prensa daquelas estaba sometida á unha censura total, e había moita máis corrupción ca hoxe. O que pasou e que non saía á luz porque era agochada.
Nesta sociedade os feitos máis insólitos e retortos aportan novas que sinalan que a perda, cando non a conculcación, dos principios polos que nos rexemos toma forza e quedan agochados baixo formas de arrepentimento e colaboración coa Xustiza, e ate son premiados con moito esmero. A xente sen principios morais convértese en modelos de cidadáns honrados que pasan a seren imitados como intelixentes e persoas de éxito social.
Ben sei que nas capas máis altas da sociedade emprégase unha linguaxe moi distinta á que se fala nos ambientes do pobo, ou se queren na rúa. Porei varios exemplos: o señor tiña unha borracheira como un piano, mais como era un señorito con cartos e poder, os achegados dicían que estaba mareado ou indisposto, pero todos sabían que era un trompas. Pola contra, nos ambientes de barrio o dito era ben distinto: fulano é un borracho. Iso mesmo acontece nos negocios e sona doutra maneira ben distinta, pois calquera incumprimento por pequeno que sexa márcate como pufeiro ou informal e case como un delincuente. Un señor como eses que andan de comisionistas corrompendo á xente e os cargos públicos ou, se o prefiren, un señor que anda facendo negocios turbios, cando ten éxito e acada millóns de euros, na linguaxe dise que fixo unha boa operación; mentres, o pequeno autónomo, se fai algo mal, axiña é un chapuzas ou un incumpridor..
Pois ben, isto é o que aconteceu co corrupto Aldama. Primeiro meteu no allo ós que se deixaron corromper e cando viu que a Xustiza andaba tras del e o meteu uns días no talego, fíxose colaborador a cambio de que lle conmutaran a pena polos seus delitos. E enriba trincou unha boa pasta, pois a sentencia do Supremo non se mete no asunto dos cartos.
Os xuíces dese alto tribunal seica fan esa sentencia para que outros canten. Será legal, pois iso parece, pero que un danzante coma este señor enriba sexa laureado e apareza como modelo de ética na dereita dá certo arrepío. Esta claro que a España do cego e o rapaz que lle axudaba segue viva e en pleno apoxeo. Iso xa ninguén o dubida, dado que se roubas e tes certo prestixio e cartos sempre podes fardar de que fixeches unha boa operación. O demais é un conto. Lémbrome do que dixo un presidente dese alto tribunal nun intre de lucidez e sinceridade: “A xustiza está feita para os rouba galiñas”.
Remato deixando unha pregunta: quen xulga ós que nos xulgan? Eu xa non creo na xustiza, despois desta e de moitas cousas que hoxe pasan cós xuíces cando fan as cousas mal. Complicado vexo o asunto de eliminar a corrupción entre os humanos. Mais acato a Xustiza porque non me queda outra; pero xa perdín a fe de crer nela cando se fala das altas instancias. Aldama non é modelo de nada bo. Con todo, queiramos ou non, seguimos vivindo na España dos pillos, dos defraudadores e dos ladróns do público.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A medida do tempo
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Aldama: un modelo de que?
Fermín Bocos
Y el juez se va de vacaciones
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
PROYECTO MUIMENTA VIVA
Muimenta se erige en modelo para el emprendimiento rural
QUEREÑO (RUBIÁ) Y VILAMARTÍN
La línea León-Monforte se adapta a exigencias de la UE