Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Houbo un tempo que eiquí, en Ourense, xuntábanse no bar Volter os artistiñas ourensáns para escoitar as palabras sabias de D. Vicente Martínez-Risco y Agüero. O grande sabio ourensán bo e xeneroso. Eu andaba ao carón doutro grande home, D. Ramón Otero Pedrayo. Os dous con maiúsculas.
O caso é que remato de ler en "Bandera Roja - Historia política y cultural del comunismo" unha anécdota do dirixente da URSS Nikita Jruschov que relata David Priestlaan. Inaugurando unha exposición de arte moderna na galería Menege de Moscova, dirixiuse ao autor dalgunhas daquelas pezas e espetoulle: "Tes boa pinta rapaz, pero, cómo podes facer algo así? Deberiamos baixarte os pantalóns e darche uns bos azoutes ata que aprendeses os teus erros. Debería darche vergonza. Temos dereito a te mandar a cortar árbores ata que devolvas os cartos que o Estado gastou en ti".
Nikita Jruschov fora o que criticara ao tirano Stalin logo de que este morrera. Mais pouco durou ao fronte da URSS. Tivera unha grande tirantez con Kennedy, que por sorte non pasou a maiores. Mais Jruschov, con ser un homiño con pinta de aldeán, invadira Hungría no outono de 1956, cos tanques rusos matando a moita xente e a ilusión de liberdade dese pobo. Mentres, eiquí en occidente hainos que presumen de comunistas de salón, mais se non vives como pensas, acabarás pensando como vives.
Supoño que D. Vicente Risco non falou desto cos artistiñas, aos que deleitou coa súa verba feble e temblorosa e moi sabia. E os nosos artistiñas convertéronse en grandes artistas admirados eiquí e acolá. Que Deus os bendiga a todos e a D. Vicente e a toda a xeración Nós, que nos axudaron a amar a Galicia, unha terra que non morrerá mentres o universo exista.
PD.: Cando van prohibir os nosos bispos o anuncio que na súa TV vende unha pulseira do papa Francisco con ouro e brillantes e un rosario de prata? Se este papa se enterase, retiraría un anuncio que lle senta como a un Cristo dúas pistolas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Zapatero y la moral socialista
Rosendo Luis Fernández
Qué paradoja de vida viviéndola
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR