As cores da TVG

PINGAS DE ORBALLO

Publicado: 01 jun 2025 - 04:15

Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

O outro día lin un comentario nas redes sociais sobre o detalle de que a TVG fixo practicamente mutis ante o éxito do Celta clasificándose para a Europa League ou Liga Europea, e recalcando que se fora o Dépor... É dicir, que se lle vían as cores (máis que deportivas, políticas) a esa televisión que pagamos todos os galegos: nacionalistas, socialistas, comunistas, etc.

Ante tal comentario abrín os labios nun sorriso enorme. Porque a conta é vella. O da TVG (Televisión de Galicia) é de auténtico escándalo. Non adoito ver televisión (só para a miña sesión cinematográfica nocturna e para algún que outro partido de fútbol ou gran acontecemento deportivo), pero a muller si a ten moitas veces neses dous programas titulados: “O Termómetro” e “Hora Galega”. É aí onde caio na conta, onde vexo o que nos queren facer tragar. Refuxiándose un pouco no rural (como que miran por nós), sacan noticias que ás veces van máis alá do esperpento.

Cambian de conexión e asoma un camiño que asfaltaron, por exemplo, en tan só dous metros cadrados; ou sexa, unha fochanca. Con moito bombo anúnciase tal obra, coas correspondentes entrevistas ós veciños e ós cans e gatos que pasaban por alí.

Unha chispa atravesou un carballo vello. Vai o agudo reporteiro falar con tal ou cal veciño. E vostede viu o alustro? E deixou moito resplandor? A que velocidade viría? Tívolle medo? Sabe vostede que os carballos atraen os raios? Vai volver pasar por xunto a esta árbore? Cambian de conexión e asoma un camiño que asfaltaron, por exemplo, en tan só dous metros cadrados; ou sexa, unha fochanca. Con moito bombo anúnciase tal obra, coas correspondentes entrevistas ós veciños e ós cans e gatos que pasaban por alí.

Mentres nos divulgan eses acontecementos, os asuntos realmente esenciais para a cidadanía brillan pola súa ausencia. Non vaia ser que esperte a nosa intelixencia e nos decatemos da verdade.

Contenido patrocinado

stats