Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
O AFIADOR
Despois do éxito acadado no partido de fútbol celebrado no campo do Couto para dar visibilidade á esclerose lateral amiotrófica e outras enfermidades tan raras como duras para quenes as sufren, convén felicitar a organizadores e participantes, directos ou indirectos. Foi o xusto premio ao traballo duro e esforzado para estimular a sensibilidade colectiva. Conforta comprobar que en tempos dunha sociedade tan dura e vestida de egocentria, incapaz de mirar máis alá do nariz propio, queda xente con sensibilidade para reaccionar fronte a un chamado de axuda que impele á implicación persoal que vai máis alá da entrada para un partido amistoso de fútbol. Para a xente de Aodemper será un balón de osíxeno na prestación de servizos destinados a mellorar a calidade de vida dos enfermos afectados por este tipo de patoloxías, que esixen atención especializada e infraestruturas costosas.
Porén, hai outro logro menos perceptible pero igualmente imprescindible nesta causa, como é o de espallar a realidade que viven os afectados. Por iso teñen un valor impagable actitudes como a de Álvaro Selas, que no tempo máis acaído da vida para desfrutar da familia, do traballo e do entorno, recibiu un golpe traidor en forma de ELA, que debe ser algo así como unha bomba de racimo que estende os seus efectos ao círculo máis íntimo.
Actitudes heroicas como a de Álvaro ou a de Juan Carlos Unzué, tamén afectado de ELA como el, que lonxe de recollerse sobre a sua propia traxedia, decidiron aproveitar as respectivas capacidades e proxección persoal, para converterse en activistas en favor do común, da entrega aos demais. Poñen de relevo as eivas de pacientes e familias, dende o ámbito legal, institucional, sanitario, da solidariedade e a filantropía para impulsar a investigación á espera de que a ciencia anuncie un día a solución que atenúe ou pare cada drama persoal dos que sofren.
Son puntas de lanza dese pequeno exército anónimo que deixa o mellor de sí mesmos en favor dos demais. Lembro un enfermo de esclerose múltiple que moitos anos atrás abandeiraba o colectivo que agrupaba a persoas co seu mesmo mal (talvez o xermolo de Aodemper). Nese labor acudía periodicamente a redacción deste xornal para pedir respaldo coa difusión dos problemas que lles afectaban e a demanda de posibles solucións. Ao principio apenas eran perceptibles nel os efectos externos da enfermidade, pero foron facéndose gradualmente ostensibles en cada visita. Hoxe, tres décadas despois, vaia o particular para aquel home do que non lembro o nome nin referencia algunha, pero cando algún episodio de enfermidades dexenerativas sae a luz pública, vexo diante o retrato nítido dun loitador que perdía as forzas pero mantivo íntegro o espíritu ata o último suspiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Ata o fin do mundo
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os obreiros son poucos
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
Lo último
CONFLICTO EN EL PLENO
Luis Menor: “A Política non se pode converter nun circo”
OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar