Luis del Val
En efecto: no todos son iguales
En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado (Benvidos, Benvinguts, Ongi etorri, Bienvenidos). Foi unha iniciativa inédita, sen precedentes na historia, fundamentada no art. 2ª da Constitución española que recoñece “a riqueza das distintas modalidade lingüísticas de España como un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. A interpretación acertada deste precepto legal nos seus xustos termos motivou a decisión de colocar ditos carteis.
Aqueles soportes tiñan unha finalidade pedagóxica: que a cidadanía fose consciente desa riqueza. Só unha pequena porcentaxe de galegos que emigraron a Euskadi (75.000) ou a Catalunya (150.000) estaban familiarizados cos idiomas dos países de acollida. Ao tempo, en Galicia vivían a 8.000 vascos e 6.114 cataláns, segundo as estatísticas oficiais. De moitos deles recibimos emocionados parabéns pola iniciativa cando voltaban de vacacións e vían os soportes publicitarios. Moitos medios de comunicación, galegos e do resto do Estado louvaron a iniciativa.
Durante moitos anos insistimos na necesaria galeguización do Estado en Galicia, mediante a aceptación da utilización da lingua galega polos órganos da Administración periférica e empresas públicas
Cando lle propuxen ao alcalde os meus argumentos para a colocación deses paneis, veu na orixinalidade unha oportunidade para demostrarlles aos españois que nos visitaban a nosa visión dunha realidade plurilingüe. Foi así como desde Galicia o exercicio da demanda dun Estado plurilingüe recaeu naquel entón no concello redondelán. A tarefa non era doada, pero eu sempre fun partidario de afrontar as dificultades co optimismo da vontade para afondar nas grandes transformacións. Mentres, outros concellos amosaban indiferenza ou receos ás nosas propostas. Redondela foi un referente, dentro e fóra das nosas fronteiras, na defensa da lingua galega e do plurilingüísmo do Estado. Galicia foi avangarda na trasnformación dos usos lingüísticos aos que logo aludiremos cando nos refiramos a un Real Decreto do ano 2025. Durante moitos anos insistimos na necesaria galeguización do Estado en Galicia, mediante a aceptación da utilización da lingua galega polos órganos da Administración periférica e empresas públicas, seguindo as orientacións da xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Foron moitas as conquistas acadadas, que non imos enumerar aquí por falta de espazo. Por poñer un exemplo, o presidente da empresa pública denominada no tempo Compañía Telefónica Nacional de España (CTNE), Luis Solana, aceptando a nosa proposta galeguizadora, ordenou editar as chamadas guías teléfonicas en galego e castelán, respectando a nosa toponimia nas publicacións anuais. Gardo a carta asinada por el amosando a conformidade ao tempo que nos parabenizaba a proposta. Grazas a estas conquistas, cataláns e vascos tamén resultaron beneficiados porque tamén foron editadas nos seus respectivos idiomas.
Co mesmo afán conseguíuse que outros ministerios empezasen a utilizar o galego nalgunhas publicacións e, unha vez máis, de rebote, beneficiáronse o catalán e o euskera. Había que demostrar que Galicia podía ser adiantada na declaración do plurilingüismo do Estado. Conseguimos abandeirar con imaxinación a causa do prestixio social da lingua galega. O balance está cheo de éxitos. O importante son as propostas elaboradas con grandes doses imaxinativas, como nos últimos anos fai a Irmandade Xurídica Galega, conseguindo a galeguización dos programas informáticos utilizados polos xulgados.
Hoxe, pasados moitos anos, o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, a través dun real decreto de setembro de 2025, declarou que o Estado español é plurilingüe creando órganos de execución e planificación para consolidar a mudanza dos usos lingüísticos.
Pensei na utilidade que pode ter o relato deste proceso para axudar a crear na sociedade galega unha nova mentalidade a través do emprego de formas inxeniosas para afortalar e consolidar a nosa identidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis del Val
En efecto: no todos son iguales
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
...Y a los 50 años resucitó
Xosé González Martínez
As ilusións trasformadoras
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Una distracción
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
Tras un año en el polígono
Bermello proyecta un outlet en su local de Quintela
TERMALISMO Y SALUD
Menor propone terapias termales en la sanidad
Potencialmente Cancerígeno
El radón de Urbanismo llega hasta Inspección de Trabajo