Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Vida de una trabajadora en una fábrica conservera
As matemáticas son a autovía lixeira e segura para andar polo coñecemento e transportalo, igual que a filosofía e a música. Quen coñece os andares e se move libremente por estas tres grandes áreas de saber, sábeo todo. Son tres linguaxes universais cos que falan e discuten os saberes. Son linguaxes que permiten andar polo mundo coa tranquilidade necesaria e suficiente, coa cabeza ben posta, para manter relacións de harmonía cos outros, que son -sen ningunha dúbida- humanas como nós. Con aqueles que van ou volven polos centros de investigación, polos laboratorios, polas alturas ou por debaixo do ceo.
Cómpre que os meniños e a rapazada saiban contar os pasos, as pegadas de cada día, a multitude de famentos que hai no mundo da fame e que saiban tamén cales son as razóns polas que hai tantas necesidades e tanta fartura. Euclides, tres ou catro séculos antes de Cristo, recompilou e divulgou os seus maxistrais coñecementos, a través da obra Elementos e, entre outras cousas, di que a linguaxe da verdade debe ser sinxela e sen adornos.
As matemáticas están na escola, no xogo, na casa, nos montes, nos aparellos electrónicos, na cabeza, nos pés e nas mans da xente
Os estudosos din que a Biblia é o libro máis publicado e divulgado no mundo occidental, nos últimos dous mil anos, e eles saben que o segundo posto ocúpao o libro de Euclides, escrito con anterioridade e capaz de poñer as cousas no seu sitio. As matemáticas, amigos lectores, son para ensinar, reflexionar e interpretar. Son, xunto coa filosofía e a música, artes de falar, de dicir, de comprender e están perfectamente unidas na procura da orde, da proporción e do sentido.
Cada unha destas disciplinas, por si soa ou compaxinándose entre si, axuda a comprender o mundo e a condición humana. De modo especial, os filósofos gregos, como Platón e Pitágoras, enmarcaban estes saberes no mesmo corpo de coñecemento e quen se deteña uns instantes a pensar, decatarase da verdade destes pensadores da antigüidade.
As matemáticas están na escola, no xogo, na casa, nos montes, nos aparellos electrónicos, na cabeza, nos pés e nas mans da xente. No camiño do colexio, nas beiras ou no lousado da rúa, nas lecturas e nas libretas, na poesía e na arte, na bolsa da merenda e no peto da gabardina. Como di a Tía Manuela, “alí, onde haxa acción humana ou da natureza, están presentes”. Tamén nos lumes, na inacción e nas promesas dos mandatarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Vida de una trabajadora en una fábrica conservera
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El talento que se queda
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Olvidar el gozo de escribir en tiempos de la IA
Editorial
EDITORIAL
Ni más corrupción ni más indecencia
Lo último
MÚSICA, DEPORTE Y SOLIDARIDAD
Marky Ramone, batería de Los Ramones, se suma a la lucha contra el cáncer en Ourense
SIN LESIONES DE GRAVEDAD
Un conductor resulta herido tras volcar su coche en un accidente de tráfico en Larouco