Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Ourense: Casa de Baños, vieja cárcel, Casco Vello sur... ¡qué gran tour!
DIARIOS DO PASADO
Ourense equípase cunha nova ponte en 1971, a Ponte do Ribeiriño ou Ponte Novísima. Rematada en 1966, entra en uso cos Accesos a Galicia e a circunvalación da estrada Vigo-Madrid. Con 240 m de lonxitude, dotouse de dous arcos-bóvedas paralelos de formigón con 60 m de luz. Nos laterais conta con oito vans, seis no Couto e dous próximos da Chavasqueira. Aínda engulida polo crecemento urbano, é a menos transitada polos peóns. Finalmente, a Ponte do Milenio, inaugurada en 2001. Conecta o centro urbano coa dita circunvalación a través do Campo dos Remedios. O deseño é moi diferente das outras pontes. Neste a cuestión estética convive coa funcional. É autoría do enxeñeiro Juan Calvo e o arquitecto Álvaro Varela. Ao taboleiro en lintel e trazado curvo que acolle o tráfico rodado e peonil, engádese unha pasarela de perfil ondulado e formas tamén sinuosas que lembran unha gaivota. Cos seus cen chanzos, elévase máis de 20 m sobre o perfil e, na parte máis máis baixa, da a impresión que tocamos as augas do Miño.
Esta forma tan distinta non deixou indiferentes a moitos ourensáns, chegando a vela como símbolo de progreso, incluso substituíndo á Ponte Vella como identificador da cidade por algúns colectivos. Así aparecía nunha pancarta reivindicativa “Pro Sanidade Digna” exhibida nunha manifestación ou no logotipo da “Asociación de Enfermos de Crohn e Colitis Ulcerosa de Ourense”. Lembren ademais o anuncio televisivo do supermercado que nos recomendaba que “vivamos como galegos”, ilustrado coa Torre de Hércules, a Peregrina, a muralla de Lugo e… a Ponte do Mileno. Entón vía nestas representacións eleccións persoais, que optaban por un elemento con calidades estéticas. Agora creo que non é así. Os distintivos gráficos adoitan identificar a empresas e colectivos. Mesmo, a cidades e países, como o touro da fábrica de bebidas espirituosas co que algúns queren identificar a España, o oso ruso ou o león británico.
Quizá estas identificacións estean a cambiar, propiciando o uso de novos símbolos. Dubido se hoxe é máis fácil para a xente nova asociar aos Estados Unidos coa “M” das afamadas hamburguesas, ou coa marca de bebidas con sabor a cola, que con aquel Tío Sam que presidía as protestas antiamericanas dende finais do século XIX.
Quizá estas identificacións estean a cambiar, propiciando o uso de novos símbolos. Dubido se hoxe é máis fácil para a xente nova asociar aos Estados Unidos coa “M” das afamadas hamburguesas, ou coa marca de bebidas con sabor a cola, que con aquel Tío Sam que presidía as protestas antiamericanas dende finais do século XIX. Incluso a Cultura Manga substituíndo á silueta do monte Fuji ou o Torii xintoísta, cos que Occidente acostumaba representar todo o xaponés. Existe unha colección de cincuenta e dúas emisións da Real Casa da Moeda dedicadas ás capitais de provincia e cidades autónomas. No anverso aparece o escudo heráldico de cada unha, xunto co seu nome a palabra España coa “ñ” remarcada, outro símbolo hoxe consolidado. No reverso locen cadanseus elementos representativos de patrimonio cultural. Citando as galegas, como no anuncio dos supermercados, a da Coruña contén a Torre de Hércules, a de Lugo a muralla e a catedral; a de Pontevedra, a igrexa da Peregrina. E Ourense?. Penso que moitos esperariamos ver a Ponte Vella, o Santo Cristo ou As Burgas. Pois non, é a Ponte do Milenio. Existen outras excepcións significativas. Na de Valencia aparece o Palau de lles Arts Reina Sofía, de Calatrava. Na de Tenerife, o auditorio Adán Martín, do mesmo autor. En Bilbao o museo Guggenheim.
Quizais a sorpresa por atopar estas representacións resida en que os investigadores estamos demasiado convencidos de que só o patrimonio cultural tradicional ten a capacidade de actuar como identificador de identidade, sen reparar en novos símbolos que pronto foron asimilados. Lembremos a Torre Eiffel, de 1889, inicialmente cuestionada e pronto convertida en símbolo indiscutible de París. Que sería da iconografía de San Francisco sen o Golden Gate ou de Sydney sen a Ópera?. Tales feitos parecen indicar o desprazamento dos símbolos tradicionais dalgunhas cidades. Tamén Ourense? Neste sentido a Ponte do Milenio debería cumprir tres propiedades básicas aínda non consolidadas: as capacidades emblemática, simbólica e colectiva. Sen dúbida é chamativa, pero de momento non icónica -emblemática-, representa para algúns o progreso e a modernidade -simbólica-, e foi asumida por algúns grupos profesionais ou sociais, -colectiva-.
Eu, pola miña parte, non me manifesto de forma definitiva, sobre todo polos exemplos nun e outro sentido que citamos. Recoñézome cómodo como observador, chamando agora a atención sobre un feito que comezou a saltar do particular ao social.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilla en La Voz Kids Portugal?
ESCALA DE 10 HORAS
Coruña recibirá al crucero Ambition confinado por norovirus este sábado