Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
Hai poucos días finou, en Trelle (Toén), unha exemplar esposa e nai de familia. Chamábase Aurora iera viuva do meu amigo Manolo "O Maxino".
Era un matrimonio entrañable, de conversa doada e moi sociable, e na súa morada de Trellerma sempre houbo un bocado e unha xerra de viño pro amigo que fose de visita. Tampouco fallaban os bós cas de caza, que il mesmo adestraba, despois de mirar moito polo seu "pedigree", pra satisfacer a súa grande afeizón pola caza e, as veces, pra venderllos a calquer "caprichoso" disposto a pagalos bén. E non soio os adestraba, sinon que os tiña en moi bóa forma física e cun tipo moi airoso, de xeito que, ó andar, mesmo asemellaban aquiles marraus "larengos" que parecían xuntar o fociño co rabo. Ás veces viña á capital, a pé, a xuntarse cos compañeiros e saír de caza e pasaba por tras do fielato, que estaba onde hoxe o edificio da Telefónica, porque lle daba vergoña que llos viran tan "aguzados".
Un día pergunteille como é que se apañaba pra telos tan "aerodinámicos" e respostoume, cun sorriso moi pícaro: "Eu bótolle unha pataca no fondo dun caldeiro e, despoism encho o caldeiro de auga. Si queren comer a pataca, xa saben o que teñen que facer."
Agora que xa volven a estar xuntos, no mundo da verdade, sirvan estas liñas de cariñosa lembranza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados