De quen é a cupa?

Publicado: 11 sep 2026 - 05:05
Lalo Pavón
Lalo Pavón | La Región

A potencia do impacto da presentación do Informe PISA aínda latexa hoxe polas demoledoras conclusións que sitúan a España dos máis novos no terraplén cara a insolvencia no coñecemento. Non somos os únicos, pois acompáñannos case un centenar de países (máis outros que non participan deste documento), pero é un magro argumento escurrir o bulto.

Das estatísticas do traballo estará vostede xa de volta, pero os especialistas apuntan ao descenso da comprensión lectora dos adolescentes, empurrado pola socialización dos dispositivos dixitais (teléfono móbil sobre todo) ou a menor curiosidade pola lectura e o arredamento da cultura do esforzo, como grandes escollos para unha mellor aprendizaxe. Traducido de xeito sinxelo, se non se le ben é case imposible entender o contido ou explicalo. Se engadimos o efecto dos smartphones entre a rapazada, acaparando prácticamente o espazo para a lectura ou outros hábitos didácticos, xa temos un retrato fidedigno da situación.

Son entón as novas tecnoloxías e os entornos dixitais os culpables da realidade actual? Os ordenadores, tablets, teléfonos móbiles ou as redes sociais son perniciosas? Depende, como a dinamita, a gasolina ou a maioría dos fármacos, en función do uso que se lles dea proporcionan grandes beneficios para a humanidade ou poden resultar letales.

Rescatando a capacidade de visión crítica -cada vez máis anestesiada ou desaparecida- fronte ao que temos diante, habería que volver a vista á cima da pirámide social e política, na que están os gobernos -tamén os de fóra, pero cada quen se ocupe do seu- sen capacidade nin vontade de consensuar plans de estudos e establecer pautas e normas, con plazos de aplicación máis alá do que dure o goberno promotor.

Si PISA nos retrata, que fai a escola? Ou fronte á violencia nas aulas, machismo, nenos obesos, droga no entorno dos centros, accidentes de tráfico ou cousas varias máis…

Hai anos que o profesor Marina explica con tan meridiana claridade como escaso éxito, que en momentos críticos a sociedade lémbrase da escola como de Santa Bárbara: cando trona. Si PISA nos retrata, que fai a escola? Ou fronte á violencia nas aulas, machismo, nenos obesos, droga no entorno dos centros, accidentes de tráfico ou cousas varias máis… A todo eso, engade o experto, quenes teñen a verdadeira responsabilidade deben anticiparse a todas esas realidades que sempre se ven vir.

Curiosamente, nesta cuestión troncal non debe estar entre as preocupacións da sociedade española en xeral, como o demostra que nas enquisas mensuais do CIS non apareza este apartado. Por elo, ademáis de facer do sistema educativo unha ferramenta con solucións duradeiras, unha acción transversal debería convencer aos pais de que eles son outra pata imprescindible na formación, que abrangue tamén ao control e administración do tempo libre dos fillos, ás veces tan descoidado.

Contenido patrocinado

stats