Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Logo da renuncia momentánea de Mariano Rajoy, que colleu a Pedro Sánchez co paso cambiado, chegou o da coleta a deseñarlle o goberno ao candidato socialista. O PSOE colgou dunha percha o de obreiro e español, e está máis dividido que aquelas clases de álxebra que nos daban na Academia Bóveda. ¡Unha mágoa de partido!
Está Podemos prometendo pór todo de patas arriba. Fala de concederlle o dereito de autodeterminación a vascos e cataláns, e ata aos galegos. Eiquí xunto coas Mareas, onde hai moi distintas opinións de cómo facer política. Unha delas non facendo nada, como en Santiago. A Coruña e mailo Ferrol, lexislando contra as tradicións da nosa Terra. Cidadáns ampárase no seu líder Albert Rivera, que nun sitio apoia ao PSOE e noutro ao PP.
Mais as alarmas saltan. Xa que os nacionalistas vascos, cataláns e galegos falan do dereito a decidir, ou sexa a autodeterminación. Pero, que é realmente a autodeterminación? Un dereito daqueles pobos que son colonizados, segundo o aprobou a ONU, e que contempla tres supostos: un, ser parte integrante dunha entidade superior como eiquí tivemos coa ditadura centralista; unha segunda opción é a federalización ou o Estado das Autonomías, e o terceiro, a separación dun estado centralista, niste caso das Españas. Que non é o noso caso, pois eiquí non hai pobos colonizados. Endexamais os houbo.
Nin o País Vasco, nin Cataluña, nin, por suposto, Galicia, tiveron endexamais as maiorías que se exixen para separarse das Españas. O noso Estatuto aprobouse co 32% do censo. E vascos e cataláns nunca obtiveron a maioría suficiente para se separar do Estado. Mais síguenlle dando á matraca independentista. E Podemos di que os vai apoiar. Pois que os apoie, porque van levar outro revolcón dos que se sinten cataláns, vascos e galegos, pero tamén españois.
Así que, inda que a Constitución non o permite, se se autodeterminaran levaríanse o enésimo desengano. E Pedro Sánchez, como di a zarzuela: "Tantas idas y venidas. Tantas vueltas y revueltas. Me dirá si son de alguna utilidad". Que pensen en resolver os problemas políticos e sociais pendentes e tamén os económicos, e deixen de marear a perdiz. E de autodeterminación, menos lobos. Federar é xunguir, e que que cada quen goberne o seu nas Españas, dentro da indispensable solidaridade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano