José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
O pai está a berrarlle, pero o rapaz non lle fai ningún caso, non se dá por aludido. O rapaz responde ó nome de Ramón Protector Adivino, e todos lle chaman O Adivino. E non porque sexa o seu apelido, senón porque seica adiviña bastante as cousas, principalmente as noticias, as noticias políticas. "Adivino, que vai pasar mañá no Parlamento?", pregúntanlle cada dous por tres, e el contesta cun rotundo "o de sempre, ou sexa, que van discutir moito e non acordar nada". Efectivamente, nada se acordou porque o país vai a peor. "Este mamón bébeas coma o caldo", rosma o seu pai, porque segue a mostrarse indiferente. Ramón Protector Adivino atende á televisión e memoriza as novas dos telexornais, para así estar máis ou menos ó día con todo o que acontece no noso país e, como non, para presumir logo ante os seus veciños. Aínda que non adiviñe todo, é certo que está "ó loro" dos asuntos políticos. "Bébelas coma o caldo", bérralle o pai. E xa o dá por imposible. Normal, O Adivino nin caso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
No falta trabajo, falta quien quiera sostenerlo (en las condiciones de siempre)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Lo último