Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Destellos de belleza que anuncian buena esperanza
O primeiro de maio, o domingo pasado, foi o Día da Mai e o Día da clase traballadora. Xuntáronse dúas conmemoracións ben parecidas e diferentes ao mesmo tempo. Foi o Día da Mai dos traballadores, dos amigos, de todos os que constitúen o grupo numeroso da boa xente, dos políticos, dos adáns e baldroeiros, o Día da Mai de cada un de nós e de vós, aínda que moitos sabemos que tódolos días de tódolos anos son o Día da Mai, moitas veces, case sempre, con celebracións caladiñas e ben sentidas. Pero, a tradición marca que aquí sexa o primeiro domingo de maio, que este ano tocou o día un, como en Portugal, Hungría e Lituania. Grande ledicia para comerciantes grandes e pequenos. Todos atentos ás vendas para que os fillos e fillas desta terra nosa teñan lembranzas para a súa nai, naiciña, "como a que non hai ningunha".
Noutros lugares fan esta conmemoración noutro día, maioritariamente escollen un da primavera. O vinte e un de marzo tocoulles ás mais de Exipto, Líbano, Palestina, Siria e Xordania; para o oito deste mes de maio será en Corea do Sur. En Francia e Suecia celebran este día o último domingo de maio; en Tailandia, o doce de agosto; en Arxentina, no mes de outubro; o oito de decembro, en
Panamá, e o 22 do mesmo mes, cando aquí o Gordo da Lotería escapa para outra parte, en Indonesia festexan o Día da Mai e no mundo, que conta con cerca de sete mil cincocentos millóns de habitantes, hai miles de milleiros de millóns de mais. Cada unha delas e todas, excepcionais.
Son tamén mais de traballadores como elas, de noite e de día, en moitos casos. Mais e fillos, pais, avós e avoas, irmáns e irmás, con algunha condición que os identifica, constitúen a "casta" traballadora, poderíase dicir que forman unha clase social ben diferenciada da "casta" a secas, da que algúns falan e que parece pertinente que se acabe.
A coincidencia temporal foi total, o mesmo día celebráronse o Día da Mai e o Día Internacional da Clase Obreira. Moitas das protagonistas da primeira celebración tamén o foron da segunda. Igual que en anos anteriores e a pesar de perseguir o mesmo obxectivo, as organizacións sindicais foron en manifestacións distintas. Cada unha delas viña de seu pai e da súa mai e ía polo seu camiño, o único verdadeiro. Para o ano que ven, deberíamos pensar en conseguir que as mais fosen unidas e, con tanta forza, darlle media volta ao mundo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Destellos de belleza que anuncian buena esperanza
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
¿Estamos preparados?
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno tiene un plan
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
A mi abuela
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior