Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Hoxe en día para celebrar un evento cultural no noso país hai que ter certo valor. E se o evento é na nosa cidade, tal como se está a tratar a cultura hoxe aquí, cómpre ter perendengues. Non obstante, aquí está o que quizais sexa hoxe por hoxe o mellor e máis importante acto cultural da cidade das Burgas e quizais de toda Galicia: o festival de cine. Van xa 24 anos. Que axiña se din, pero, para o ano que vén, serán xa as súas “vodas de prata”.
En principio, por agora, non notei tanta crítica coa que se adoita atacar o evento. Claro que, as críticas acostúmase realizalas ó final... que se a asistencia, que se a calidade, que se os lugares de celebración, que se a cantidade de películas, que se a presencia da xente do gremio, etc. Por certo, sobre a xente do gremio, este ano creo que non nos podemos queixar, pois entre homenaxes, exposicións, ciclos, traxectorias e premios, por aquí pasarán (algúns xa pasaron, como Xavier Bermúdez) esa inmensa actriz coruñesa chamada María Bouzas; o director Oliver Laxe (ó que lle cheguei a dedicar un Testemuñas da Memoria); o tamén director ourensán Alberte Pagán; esa fermosura chamada Cristina Castaño, que ata terá a honra de ser a primeira artista galega en inaugurar un novo galardón: o Premio OUFF-Televisión; Norberto López Amado, que acadará o Premio Ourense. Por vir, ata asomará toda unha estrela internacional: o actor francés José García. Francés, pero fillo de emigrantes galegos, máis en concreto, do Carballiño. Precisamente el e Cristina Castaño serán os que enchan mañá este espazo da Claqueta.
Non vou falar do que se vai proxectar ou do que se vai ver durante estes nove días de festival porque xa outros artigos periodísticos deron boa conta do asunto. Pero si quero aconsellar media ducia de longametraxes que semella que prometen, tanto das de competición coma das de fóra da mesma. De todos é sabido que “O que arde”, de Oliver Laxe, vén avalada por varios premios e, o mellor deles, no mesmo Cannes; a coreana “Parasitos”; a española “O dobre máis quince”, de Mikel Rueda; a colombiana “Monos”, en coprodución con diversos países latinoamericanos e europeos; a francesa “Retrato dunha muller en lapas”; e incluso a que inaugura o Festival: “@vós”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla