Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Non hai dous sen tres. Dous Recunchos seguidos sobre as novenas dos Milagres. E aínda que estas remataron hai hoxe precisamente oito días, toca o terceiro relato sobre elas. Porén, este non será en plan relixioso, católico, senón que será cun propósito reivindicativo.
Xusto ó rematar esa gran romaría, o gran Carrabouxo publicou unha viñeta na que cometeu un erro que se perpetra practicamente todos os anos en algún que outro medio de comunicación, un erro no que incorren algunhas personalidades e que cometen moitos cidadáns de a pé. Parte da viñeta dicía o seguinte: “Hoxe fun aos Milagres a Maceda, ao Portal a Ribadavia e aos Remedios a Ourense”.
Entendo que por parte do Carrabouxo foi un erro sen intención, quizais por descoñecemento ou quizais por comodidade, xa que, hoxe en día, tales erros son moi fáciles de emendar
Ós que somos de Baños de Molgas, o de Maceda chocounos na vista e no entendemento. E, por que non, na conciencia. Porque, como dicía, non hai un ano (principalmente, si, nesta época por estar ese santuario de actualidade a causa dese evento relixioso) no que non se diga que Os Milagres son de Maceda ou están en Maceda, cando, legalmente, oficialmente e desde que a Santiña lle apareceu, segundo a lenda, a uns pastores de Froufe, sempre pertenceron a Baños de Molgas, máis en concreto á parroquia de Vide
Entendo que por parte do Carrabouxo foi un erro sen intención, quizais por descoñecemento ou quizais por comodidade, xa que, hoxe en día, tales erros son moi fáciles de emendar; chega cun clic no rato do ordenador ou nunha simple tecla do móbil para saber a exacta localización de tal lugar e a pertenza a ó concello, provincia, rexión, etc. Ante a dúbida, o san Google soluciona todo e a Intelixencia Artificial esa ata nos di de que pé coxeamos.
Por outra banda, podo salientar o desinterese con que lemos moitas veces a prensa, por exemplo; pois no caso ese das novenas, todos os días, este mesmo xornal falaba desa peregrinación ó monte Medo e nun ou noutro artigo aparecía o nome de Baños de Molgas. Tampouco é a primeira vez e, por desgraza, penso que non vai ser a última na que haxa que corrixir, rectificar ese erro, do que, máis ou menos, xa todos deberiamos de ter constancia. Porque, xa digo, non é unha vez, nin dúas, nin tres; é practicamente todos os anos nos que se sitúa a Os Milagres no concello que non é. Non teño nada contra Maceda (traballei 25 anos aí), pero ó César o que é do César.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Perseguir a famosos para amedrentar a las masas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Como si no fuera con él
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Revive Revve Anabaraego no fútbol ourensán?
Lo último
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
AFIRMAN QUE ESTABA OKUPADO
Vídeo | Un incendio de gran virulencia devora en minutos un edificio completo As Caldas