O códice do surrealismo galego

Publicado: 25 jul 2026 - 01:10
La Región

Ourense ten o privilexio de custodiar a obra de Xaime Quessada, o creador da arte máis comprometida co principio antrópico que deu vida ao Universo. Para acadar o éxito da misión encomendada, democratizou o mundo da cultura o servizo da sociedade. Despois de vencer a meigas e trasgos, sempre coa inestimable colaboración da súa irmá xemelga, Atenea, froito dunha cefalea de Zeus. Coñecedores do poder de Quessada sobre as cores, nomeárono “o Inmortal”.

“O Inmortal” posuía o Libro dos Exorcismos, arma que contivo as forzas do mal que residían nas profundidades da terra. Nos funxibles abismos, os monstros alimentábanse das almas dos defensores da cultura e da liberdade identitaria. Brotaba do sentimento galego que o Entroido representa nunha realidade de valores e afectos. O novo “Códice que reflexa a imaxe surrealista de Galiza”. Paralelamente, ás competencias do rei Artur presidindo a mesa redonda, Quessada dirixe a mesa cuadrangular. “O Inmortal”, fillo dun dor da testa de Apolo. Desde o berce estivo protexido e iluminado polas nove musas que lle inspiraron o saber humano e a creación artística, que recolle o arte galego.

Tenebrosa, misteriosa, tétrica, sombría, lúgubre… Todos os sinistros seres residen na cova de Platón, que foi construída baixo o Teixadal de Casaio, hai máis de catrocentos mil anos. A historia virtual de Galiza está oculta polos encantamentos dos druídas e polos ritos pagáns do bispo panteísta Prisciliano (S. IV) e do teólogo presbitero Arrio (S. IV) que negaba a natureza divina de Cristo. Nun aquelarre ophiusano celebrado na Fraga de Cecebre, os oextrymnios e Ophiusa acordaron resucitar a Pegaso, que cheiraba a merda dos emuladores do hedonista Epicuro. Estes, desesperadamente, trataban de combater o pesimismo de Erostrato, inimigo dos amantes do pracer, optando pola ansiaba eternidade reservada os deuses e a os seus acólitos. Erostrato, furibundo contra os amantes do pracer, por ser incapaz de satisfacer o seu ego e ter excesivamente elevada a testosterona.

Quessada incluíu as imaxes dos mártires galegos, secuestrados polas forzas do maligno

A solución foi froito dun acordo entre os outeiros e o pai Miño. Os ríos sagrados e outeiros de pedra bautizados coa auga de Salgadas, onde foi inmolado Viriato, rei pastor de Lusitania. Froito do acordo foi sacrificado Pegaso e do seu sangue brotaron os centauros da morte, que sementaron nos cruceiros dos camiños aquelarres vinculados a esporas pezoñentas. Dela agromaron a envexa e o orgullo velenoso que asolaban as veigas da porta das casas dos galegos

Durante séculos, Xaime Quessada defendeu a Paz Exterminadora dos bufóns de Epulón dende a Ponte das Pías, porque fora asinado pola auga e o lume. Profundamente irritados, os súcubos e íncubos torturaban os labregos no afán de conseguir virxes e pólipos arroxados polos vómitos das cobras que, nas festas dos ancestros, participaban en longas noites de sacrificios sanguinarios de pensadores galegos denunciados polo testemuño do Minotauro.

Quessada incluíu as imaxes dos mártires galegos, secuestrados polas forzas do maligno, e asi recuperou para a eternidade a Bóveda, Santiago Álvarez, Benigno Gómez del Valle, Pablo Iglesias, Castelao, Daniel Niebla, Amador Rey, Otero Pedrayo, Risco…

Só a intelixencia creadora de Xaime Quessada puido convencer a Erostrato, dándolle a coñecer a lista dos redimidos polo “Códice que reflexa a imaxe surrealista de Galiza”. Só foi excluído pola historia o ourensán Heraclio Pérez, escritor impresionista que buscou un creador da prosa galega que aceptase o reto de proxectar o reino de Pegaso e non conseguiu escoitar outro son que un grito silencioso. Foi a manifestación dolorosa da angustia dos espectadores hedonistas que buscaban no bosque de teixiño a forma de borra r a sentencia que determina o final da humanidade: “A morte non e nada para nos. Cando existimos, a morte non esta presente, e cando a morte chega, nos xa non existimos”. Esta manifestación de impotencia terreña foi excluída do “Códice” por ser o legado do camarada Acebal, o inframundo da inexistencia.

“O tempo infinito intemporal é a morada do SER, vacío, sen nome, pero un vacío vivo; nel fúndese a enerxía primixenia do TODO. Ese TODO é a NADA da miña eterna morada”.

Contenido patrocinado

stats