Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las verbenas del Posio
Foise polo mudo sen saber moi ben a onde chegaría ou cal camiño seguiría. Levaba consigo unha guitarra, na man, e un sombreiro, na cabeza, na súa cabeza de pelo longo e, por dentro, ben amoblada, segundo o ditame de expertos solventes científica e humanamente. A el a ciencia importáballe e valorábaa como corresponde, tanto como valoraba a guitarra e a gaita de folk que tamén tocaba. Tocaba perfectamente a gaita, poro non podía ir con dous instrumentos musicais e amais non quería que a xente bailara, quería ver á paisanía bocaaberta, asombrada polo soar das cordas recias da súa guitarra herdada e lixeira.
Lixeira era tamén a mochila, na que gardaba a navalla, un abrelatas, o cepillo e a pasta para lavar os dentes, un par de panos para sonarse, se facía falta; unha libreta perfectamente encadernada, unha pluma estilográfica e un cargador para o teléfono multiúsos recén comprado, en substitución dun vello, que lle regalara a súa noiva e que deixaba a recado na casa dos pais.
Foise co que tiña e coa sensación de que era o home máis rico do vagón, o máis rico de todo o tren, por longo que fose. Nunha esquina sombría parábase, atravesaba a guitarra diante do peito, e tocaba ata que o sombreiro se mediaba de moedas. Seguía camiño e volvía deterse noutra esquina, onde estaba unha muller parada, agardando, sen escoitar e sen falar. Era Matilde que, por moito que esperaba, non atopaba nada, era como o escaparate dunha das almas espidas do pintor pakistaní, Iqbal Utzman.
O músico de guitarra e sombreiro, en ocasións, pousado no chan, reparte os ingresos con aquela muller e vaise na procura dunha pensión lonxe da bohemia nocturna daquel lugar sinistro. Matilde queda soa e agradecida, agardando por se alguén quería dicir algo, “agardando poder traballar coa miña infausta profesión, unha das máis antigas e máis funestas das coñecidas”. Quedaba nas portas do inferno, solitaria como sempre, tragando bocanadas de rabia e de medo.
Parece evidente que cómpre insistir na procura da igualdade, con accións eficientes, con solvencia nas formulacións e coa alma apegada ao sentir e ao ser dos débiles, coa conciencia e coa verdade, con decretos ou sen eles. Como di a Tía Manuela, “con razóns, con sentido, co coñecemento e co corazón”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las verbenas del Posio
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
No es un asunto menor
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Accidente del Yak-42
Roberto González
Jorge Bermello
Lo último
Comisión de Diputaciones
La Diputación destina más de 363.000 euros a infraestructuras en 13 municipios ourensanos