Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
Galicia enfróntase a un reto histórico. Cos ollos do mundo postos na situación económica e política de España, clave para a supervivencia do proxecto europeo, as próximas eleccións poden marcar un antes e un despois no avance das políticas neoliberais que están a destruír a marchas forzadas un modelo social, o do estado de benestar, que constitúe o máximo logro das sociedades democráticas.
Os galegos afrontamos o 21 de outubro a responsabilidade de dicir basta, de manifestar claramente o rexeitamento dos cidadáns a este espolio. Permitir coa nosa decisión de voto que Núñez Feijoo volva gobernar Galicia significa avalar o desmantelamento dos dereitos sociais que con grande esforzo conquistamos.
Que modelo de sociedade propón o PP aos galegos? Non se atreven a nomealo, pero impóñennolo pola forza dos feitos: a súa lei é a lei do máis forte.
E así vemos como equipasen as manifestacións cidadás con golpes de estado e a liberdade de información coa incitación ás desordes públicas, e como se pretende converter os parlamentos en restrinxidos coutos privados para ricos. Asistimos á transformación da sanidade universal e gratuíta nun club de socios que pagan por acceder a el, e o sistema educativo muda ante os nosos ollos nun sistema de castas segregado por sexo, por clase social, por crenzas relixiosas. Celébrase como modelo de crecemento económico o dos casinos á marxe da lei. A banca sempre gaña, e quen máis ten é quen menos paga. A cultura substitúese polo entretemento e a democracia por unha representación na que os cidadáns entregan o seu voto como un cheque en branco a un goberno que, unha vez no poder, se sente lexitimado para traizoar integramente o seu programa electoral en prol da 'realidade'.
Esta é a verdadeira proposta oculta de Feijoo, a do Partido Popular: a crise como oportunidade para poñer en marcha unha transformación social profundamente ideoloxizada.
Debemos frear este proceso destrutivo. É certo que o contexto de crise é grave. Pero non é verdade que non haxa alternativas. A alternativa consiste en colocar no centro das prioridades a preservación da Democracia e do Estado do Benestar, en vez de priorizar o seu desmantelamento.
En toda Europa, os gobernos socialistas foron a clave para a construción democrática do Estado do Benestar. A pesar dos erros e miserias que inevitablemente leva consigo o exercicio de calquera responsabilidade, a nosa forza radica nun factor esencial: a altura ética e cívica dos nosos votantes, que sempre souberon sinalar co seu voto eses erros e nos esixen que aprendamos deles. Polo tanto, preséntome como candidato á presidencia da Xunta consciente de cales son as expectativas que a sociedade deposita nun goberno de progreso. Sei que pesa sobre min a responsabilidade de non as defraudar.
Non podemos prometer que converteremos Galicia nun Árcade feliz mentres o mundo enteiro se debate nun combate desigual contra forzas poderosas. Pero si temos a oportunidade de configurar un Parlamento Galego que crea realmente no estado democrático do benestar. Podemos, e farémolo se contamos coa forza dos votos, defender este modelo co esforzo e o compromiso de todos os partidos progresistas que obteñan representación parlamentaria.
Dende aquí, quero pedir a todos e cada un dos galegos e galegas que creen nunha sociedade democrática, solidaria e xusta que acudan a votar sendo conscientes do que está realmente en xogo. Que non desperdicien nin un só voto, que nin un só cidadán quede na casa. Que non asistan impotentes á involución social máis grave dos últimos oitenta anos. Aínda temos o poder das urnas, exerzámolo.
Vivimos unha situación excepcional. Dende o PSdeG, preséntome a estas eleccións co mesmo sentido da responsabilidade histórica co que os cidadáns depositarán o seu voto. Estas non son unhas eleccións máis, nin unha batalla polo poder entre partidos. Debemos elixir entre dous modelos de sociedade radicalmente distintos: o modelo neoliberal fronte ao estado social.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco