Depende de VOX... Después de La Revuelta... La izquierda de la izquierda

Publicado: 21 mar 2026 - 05:50
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

As inercias na lingua son moi importantes, pois as ideas construímolas con palabras. E non reparamos moito niso. Por exemplo, cando oímos unha parvada tipo “les niñes”, encollémonos de ombros e esperamos que baixe a marea da estupidez. Pero a perversión da linguaxe a creación de frases non é neutral nin inocente e aféctanos.

E meto no título iso de “Depende de Vox”, porque é co que adoitan dar a matraca na maioría dos comentarios e o de “Después de la Revuelta”, porque é chamativa a insistencia da peor TVE da nosa historia en promocionar o tal programa, e por decencia non lles conto o que me parece, pois tería que usar palabras grosas. Só sinalar que é obsceno o seu custo: uns 100.000 euros por programa, asinado ata o 2028: 31,5 millóns de euros. E ese “Después de la Revuelta”, trata de amplificar ao máximo a importancia relativa do programa dentro da “parrilla” da TVE: Algo como “La Revuelta é o noso eixo e canon”. Zafio e vulgar, por certo.

Igualmente, a mantra de “depende de Vox”, non é inocente. Pois o PP, para gobernar, pode depender de Vox ou non. Ou debemos supor que o segundo partido en votos -incapaz matematicamente de ofrecer alternativa- nin se prestará a pactar puntualmente co vencedor? O de “depende de Vox” trata de enzoufar o sacro proceder de gobernación alternante, embazar a vitoria do opoñente deslexitimizando calquera pacto que non sexa o propio.

El uso interesado del lenguaje en política no es inocente: moldea la percepción social y se utiliza para legitimar unas ideas y deslegitimar otras

Outro tal o de “as esquerdas” ou “a esquerda da esquerda” para referirse ao histórico galimatías da extrema esquerda que ben coñecemos os que vivimos a Transición. Máis dunha vez teño sinalado a improcedencia de dividir o escenario de forma que exista unha “extrema dereita” intratable, que non tería oco na convivencia, pero non digamos que exista unha “extrema esquerda” paralela. E trátase de facer así que toda idea da “esquerda da esquerda”, por esaxerada que sexa, se normalice e pase a ser positiva e loable. Así, sería moi aceptable promover a independencia de Cataluña, pero nunca a idea oposta, a supresión da autonomía. Sería lexítimo forzar a gramática histórica das nosas linguas, pero non desexar mantelas. Sería lexítimo tratar de asaltar o congreso (2012 -Ocupa/Rodea el Congreso-, 2013 -Asedia el Congreso- , 2016 -Ante el Golpe de la Mafia, Democracia-) pero non defender a bondade da Transición española e valorar o positivo papel da monarquía na nosa historia recente. E esa é a inercia que se transmite desde o sanchismo. Destas elección pasadas gustoume tanto a freada de Vox como a desaparición de Podemos e IU-Sumar, Verdes, EQUO, pois todos xuntos, a feito, non chegaron ao tres por cento. Só a esaxerada visibilidade na TVE dos seus líos residuais os mantén vivos (pero tamén os mata por rifóns e malencarados).

Tamén me gustou que o PSOE se mantivese firme (subiu o 0,72 fronte á suba do PP do 4,11 -se cadra o máis relevante- e á de Vox do 1,29) porque é imprescindible un partido socialista sistémico ben dirixido e de éxito, alén das desviacións actuais. E, claro, nunca poderá vir o relevo dos máis significados opositores á actual dirección -digamos Page- senón doutros que sen tanta visibilidade, e sen relación coa corte monclovita, serven ás súas cidades e ao seu país desde a base. Que o PSOE siga tendo no “banquillo” xente sensata e atractiva, sen lesións, como o alcalde de Soria, é unha esperanzadora boa nova. Os nabos que colleitan os do PSanchistaOE, en Extremadura, Aragón e axiña en Andalucía debería ser clave para recuperar a reflexión e o histórico significado da segunda letra da sigla, como en Castela-León. Creo. En calquera caso, coidemos as linguas. Non se di que é un futbolista é o bo “da esquerda da esquerda” senón un bo extremo esquerdo. Vinicius “junior” ou Marcus Rashford, por exemplo.

v

Contenido patrocinado

stats