Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
¡BUONE VISIONI!
Ata a chegada ás salas de Tiburón de Spielberg no verán do 1975 – este ano cumpriuse o 50º aniversario daquela data – a industria de Hollywood pensaba que a estival era a peor época para estrear películas. Ao contrario, en poucas semanas Tiburón converteuse na película máis taquillera de todos os tempos, recadando máis de 100 millóns de dólares. Desde entón, xa por tradición, o verán ven cargado de superheroes, cine fantástico e, por suposto, de terror.
Neste 2025, ademais de Superman de James Gunn, Jurassic World: El renacer de Gareth Edwards ademais de 28 años después de Danny Boyle ou Los 4 Fantásticos: Primeros pasos de Matt Shakman, só por citar algúns, engadiuse Devuélvemela, unha proposta de cine de terror australiana firmada polos irmáns Phillippou.
A última longametraxe dos autores de Háblame (2022), é un cine de xénero que intenta crear, antes de todo, unha conexión psicolóxica cos protagonistas. Non chega á excelencia dos filmes de ‘terror elevado’ de Ari Aster pero, sí, podería ser comparado, por exemplo, con outro filme australiano – Hotel Royal (2023) de Kitty Green – pola forma de cociñar o suspenso de crear empatía cos personaxes. No caso de Devuélvemela habería que engadir unha dose extra de truculencia e sangue.
Sen querer destripar máis a trama, pódese engadir que é un filme que trata os temas da infancia violada e da perda. Os dous protagonistas, especialmente a moza interpretada pola actriz con discapacidade visual Sora Wong, conseguen capturarnos a atención desde o principio ata o final.
O filme relata a adopción de dous irmáns por parte dunha psicóloga xubilada que acaba de perder unha filla. Os mozos vanse vivir na casa dela, descubrindo pouco a pouco figuras sinistras, estrañas imaxes en vídeo e sucesos paranormais... Sen querer destripar máis a trama, pódese engadir que é un filme que trata os temas da infancia violada e da perda. Os dous protagonistas, especialmente a moza interpretada pola actriz con discapacidade visual Sora Wong, conseguen capturarnos a atención desde o principio ata o final. A actriz Sally Hawkins, que encarna a nai adoptiva, engade un papel borderline ao longo listado da súa filmografía, case unha versión Ms Hyde de Poppy do filme Happy-Go-Lucky (2008) de Mike Leigh.
Aínda que se apoie moito nas interpretacións, os directores conseguen crear, con moi poucos elementos, unha atmosfera veraz e perturbadora. Por outro lado o filme non arrisca a nivel narrativo. Pon os ingredientes básicos para enganchar o espectador e elimina polo camiño posibles subtramas ou temas – como os dos snuff movies ou o do sobrenatural – que só se mencionan superficialmente. Cando o filme vólvese máis macabro, os irmáns Phillippou deciden xogar a carta do gore e do splatter cunhas secuencias que farán felices os amantes do xénero e darán fortes revolcóns de estómago aos demais.
Devuélvemela non é o ‘mellor filme de terror do ano’ como o anuncia o gabinete de prensa da distribuidora. Tampouco merece estar no ranking dos primeiros mellores 10 filmes de terror dos últimos 5 anos, como evidencia un celebre portal de críticas online. Sen dúbida, a segunda longametraxe do irmáns Phillippou é unha obra discreta, solvente. É perfecta para estas datas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien