Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Pois si. No ano 2024 cumpríronse 150 anos da aparición do xornal “El Heraldo Gallego” co que Valentín Lamas Carvajal abriu un importantísimo portón á modernidade das ideas de Galicia, desde Ourense, e tal foi celebrado cunha “Peza do mes” en febreiro deste ano, polo Museo Arqueolóxico pois conserva unha das súas poucas coleccións completas. En 2026 faranse 150 anos da aparición de “O tío Marcos d’a Portela” o primeiro e exitosísimo xornal en galego, onde, por certo, foi publicado, por entregas, o primeiro -e case único- best-seller popular da nosa literatura que foi o “Catecismo do Labrego”. A celebración deste sesquicentenario, -que é como se chama pola culta o dos 150 anos-, sen dúbida, suscitará algunhas celebracións especiais, polo plus do tema da lingua, aínda que eu creo moito máis interesante de contido “El Heraldo Gallego”.
E neste ano intermedio, entre un e outro, 2025, creo que non debemos deixar de citar tampouco outro 150 aniversario relacionado con Valentín Lamas Carvajal, pois hai século e medio, estaba el en plena actividade. Refírome a un libriño de 32 páxinas publicado en Ourense, na imprenta de Jose M. Ramos, sita na rúa de Colón 16, onde hoxe hai un soar abandonado e que leva por título completo “A Exposición rexional de Santiago. Dez cartas pr’os gallegos. Por Valentín L. Carvajal”. E leva na capa a indicación de “custa un real”. O folleto, que vostedes poden descargar gratuítamente en PDF da marabillosa Galiciana- Biblioteca dixital de Galicia-, considero, ten unha importancia moito maior da que se lle leva dado. Que eu saiba, nin reedición está feita. Contextualizo o conto e cóntollo.
Para a de 1875 encargáronlle a Lamas unha serie de textos promocionais
Desde mediados do XIX póñense de moda as grandes exposicións. Empezouse por Londres 1851 -onde se puxo de moda o de construír en ferro-, ata Barcelona 1888 -da que nos queda arco do triunfo-, ou París 1889, coa torre Eiffel. Pois en Galicia, a “Sociedade económica de amigos do país” de Santiago, promoveu a celebración de varias exposicións rexionais que funcionasen como escaparate do mellor desta Terra -agricultura, industria, cultura, etc.- tanto para os de fóra como para que os galegos tomasen conciencia do seu. Para a de 1875 encargáronlle a Lamas unha serie de textos promocionais. Así xurdiron estas marabillosas 10 cartas -publicadas parcialmente en “El Heraldo Gallego”- e reunidas neste volumiño hai estes 150 anos. Son dez composicións a base de serventesios (cuartetos de 11 sílabas con rima ABAB) enlazados, nos que se fai un repaso da sensibilidade de Lamas en relación á realidade de Galicia e a súa vontade de atraer visitantes á exposición. A lingua, absolutamente popular e a linguaxe sumamente directa e entendible. Veñen tendo ao redor de cincuenta versos cada “carta” numeradas do un ao dez pero con temáticas variadas. Hai unha chamada constante ao espertar da terra (“É necesario pois que hoxe saigamos/ do sono en que nos ten tanta indeferencia/ e cantos bos gallegos nos chamamos/ debemos esparexer a luz da ciencia”, (o poema de Pondal, Os pinos, é de 1890). Hai un apelo constante ás cousas boas -agricultura, industria, escritores, lingua- (“É gran perda que os fillos de Galicia/ na nosa rica fala non falemos/ mais un día virá en que de xusticia/ ha de ter que trunfar e trunfaremos”. Fala nestas cartas da necesidade de facer unha Academia da Lingua, unhas Bibliotecas populares, uns Ateneos de cultura, chama á volta dos emigrantes a Galicia, e incluso fai dos primeiros chamamentos á independencia (¡Gallegos, espertai do abatemento/ en que vos ten o sono da indiferenza/ inflamado resoe en ás do vento/ un “!viva a nosa santa independenza!”). Por esta radicalidade e compromiso daqueles momentos, mirouno mal Manuel Murguía que quería controlar todo. Pero aí o temos. Bótenlle un ollo, que paga a pena. Un documento histórico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense