Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Obdulia Servidora entrou na cafetaría co típico saúdo de "boa tarde", pero axiña corrixiu cun "por dicir algo". O día, a tarde non está para bromas. Pola mañá a neve fixo acto de presenza e pola tarde foi o aire o que substituíu a aquela. Xa se sabe que mentres neva non adoita facer moito frío, pero cando deixan de caer as folerpas e se levanta aínda que só sexa unha pequena viruxe, o asunto xa cambia de raio. E pola tarde vaia se cambiou! Incluso unha persoa que se atope quentiña dentro da cafetaría sabe perfectamente a temperatura de fóra con tan só ver a cara de Obdulia Servidora, a Muxica. A cara da Muxica amosaba signos de case conxelación e os xestos eran dunha persoa que baduaba polo baixiño sobre a temperatura do día de hoxe. Pediu un café e tivo a sorte de sentarse nunha mesa que estaba pegada á cristaleira. Xusto nese momento as nubes abríronse, o sol asomou o nariz e os seus raios acariñaron a face da Muxica. A expresión desta cambiou; entrou en éxtase.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima