Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
A miña gran vantaxe deste ano no Festival de Cine é que podo iniciar esta columna sobre algunhas películas sen velas aínda nas salas cinematográficas. A vantaxe, que xa comentei onte, débese a que as vin para a súa selección. Así é que hoxe podo falar dunha que se proxectará ás dez e media da noite. E falo dela precisamente para recomendala, para que non perdades a ocasión de iniciar o OUFF cun doce caramelo na boca.
A película mexicana "O comezo do tempo" (2014), de Bernardo Arellano é un drama con humor ou unha comedia con drama sobre a difícil etapa da vellez. O director conta o filme con moita dignidade e con certa tenrura, sen caer para nada no sentimentalismo. E, o máis importante, fai transcorrer o filme ó mesmo ritmo que ó da terceira idade. Película realmente entrañable
Bernardo Arellano busca confrontar moralmente ó espectador collendo a un matrimonio de idade avanzada de protagonistas en medio dunha crise social e financeira que asola o país. Aínda peor, cólleos cando o Estado lles retira as súas pensión, para acabar de rematalos. Non lles queda outra que vender as súas pertenzas, preparar comida e vendela na rúa. Teñen que subsistiren sós, porque os dous fillos que teñen non os ven desde hai anos.
Todo o elenco de anciáns está formado por non actores, pero o director consegue sacarlles tales interpretacións que non te imaxinas que non sexan profesionais (a proba é que a actriz Bertha Olivia Ramírez é química farmacéutica). Non obstante, e sen ser profesionais, lograron unha enorme espontaneidade nos diálogos.
No medio da metraxe asoma un neto, porque unha das obsesións de Arellano son os ciclos da vida e aí pode mesturar a vellos con ganas de saír adiante e a mozos preguiceiros e pouco comprometidos. Xenial o inicio desta 20 edición do OUFF.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último