Todo é posible

Publicado: 31 oct 2026 - 01:40
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Ano 1972. Despois dun día axetreado, o Vello Milenario retírase á súa casa coa esperanza de poder dedicar unhas horas á lectura da obra recomendada polo seu amigo Carlos Vázquez, “O libreiro”. O texto de referencia é “A revolución sexual”, escrita polo psicanalista Wilhelm Reich, que se instalou nos Estados Unidos fuxindo da Alemaña nazi para así poder continuar coas súas investigacións, defendendo a teoría do orgón e a súa aplicación á vexetoterapia. A teoría resultou ser unha argallada sen rigor metodolóxico, como demostrou Albert Einstein. As controversias o redor das súas investigacións e os conflitos coas autoridades remataron con Reich no cárcere, onde faleceu dun paro cardíaco o 3 de novembro de 1957.

Cando o Mozo Milenario entrou na vivenda, a súa nai anuncioulle que un vello amigo da familia tiña interese en manter unha conversa privada con el, e con tal motivo desprazouse desde a súa residencia en Tolón (Francia), aproveitando unha visita familiar. Así, o Vello Milenario trabou amizade co masón Félix Vilar, anarquista e punto de apoio da guerrilla nos últimos anos da década dos corenta. Antes de morrer, Félix Vilar necesitaba saber as razóns que levaran aos enfrontamentos entre curtidos guerrilleiros e a dirección do PCE. O Vello Milenario descoñecía o sucedido na loita armada dos maquis contra o franquismo e comprometeuse a xestionar unha reunión con algún membro do PCG que puidese informalo sobre a experiencia vivida polos últimos guerrilleiros da oposición armada contra o franquismo.

No ano 1972 sucederon os feitos de Ferrol, cunha folga xeral en resposta o asasinato dos obreiros Amador Rey e Daniel Niebla. A dirección do partido ordenoulle ocultar na máis estrita clandestinidade a tres membros activos do PCG: Paco Filgueira, Ramiro e Suso. (Filgueira estivo poucos días e un novo activista -Cabado- ocupou o seu lugar).

Aproveitando as reviravoltas das aventuras vividas polos fuxidos dos feitos de Ferrol, o Vello Milenario púxose en contacto co seu amigo e camarada Camilo de Dios, quen, tras pertencer á guerrilla, sufrira a represión do réxime. Despois de ser detido, foi torturado e encarcerado. Aceptou manter unha conversa con Félix Vilar, á que asistiría tamén a súa nai, Carmen Fernández, que coñecía a estrutura da guerrilla na zona da Limia, fundamentalmente Edreira, unha finca de máis de 603 hectáreas. O Vello Milenario desprazouse a Tolón para informar a Félix das datas e do lugar onde se celebraría o encontro.

En agosto de 1972 reuníronse en Sandiás Carme Fernández, o seu fillo Camilo de Dios, o anarquista Félix Vilar e o Vello Milenario. Tomou a palabra Félix, que, cun xesto tenso, formulou a pregunta que tanto o preocupara desde que fuxira ao exilio: “Que razóns levaron á purga interna que supuxo o definitivo fin da unidade nacida no ano 1942 e as razóns que levaron ao illamento dos socialistas e anarquistas…? Citou como purgados a Manuel Girón, Egvides Orozco, Ceferino Rodríguez… Quen tendía a trampa mortal controlada por París que supuxo o fin da guerrilla?”

Entre as fontes de referencia figuran o libro de Hartmut Heine “A guerrilla antifranquista en Galicia”, os traballos de Alfonso Carlos Lois Suárez sobre Raúl Castro Cao e a obra de David Simón Lorda “Historia dunha noite de pedra”, que ofrecen pistas de maneira cifrada que permiten responder ás preguntas que xorden da investigación.

Wilhelm Reich morreu desprezado; seis toneladas da súa obra foron queimadas, e os seus éxitos convertérono nun apátrida con dúas patrias. Raúl Castro supera en valentía os heroes mitolóxicos. Os últimos superviventes agardan a resposta que xustifique o sacrificio de tantos mártires, pero foron os silencios os que dominaron os tempos da xuntanza: xestos, afirmacións, ira, tristeza, dignidade e a verdade brotou dos sentimentos de amor e Félix Vilar non poido evitar que unha bágoa recorrera o seu rostro.

Hoxe preguntámonos: é Pedro a última vítima do Sanedrín? O davidiano Timothy McVeigh pode explicalo. Wilhem Reich, non!

Contenido patrocinado

stats