Gonzalo Iglesias Sueiro
O neno e as superestruturas
Apandemia do COVID-19 e a paralización dunha boa parte da economía pra poder detela, así como a caída do prezo do petróleo, e a repercusión destas tormentas co desplome das Bolsas, conseguiu nas últimas semanas que se mobilizaran cantidades inxentes de recursos en axudas, mesmo en países nos que había unha clara oposición a facelo. Por exemplo: 2 billóns de dólares pola Reserva Federal dos Estados Unidos; un billón por parte do FMI; 700 mil millóns de euros en Alemaña, 200 mil millóns por parte do Estado español, etc. Este último foi, xunto con Italia e Francia, quen primeiro adoptou esta medida (despois de China) ante a alarma sanitaria e seus efectos sociais e económicos.
No Estado español aínda non está moi claro de onde sairán estes recursos e como se repartiran entre as empresas, persoas autónomas, asalariados/as, desempregados/as, pensionistas, colectivos en situación de emerxencia, etc. Polo momento coñecemos as grandes cifras: 100 mil millóns pra avales ás empresas; e 17 mil millóns pra medidas sociais, que non están concretadas na súa totalidade. Pódese dicir que os avales non son unha axuda directa, porén os que non se paguen serán unha carga sobre a sociedade, polo que ao final poden ser unha repetición do saneamento da banca pola crise de 2008, cun custe pra o erario público de máis de 60 mil millóns. Tampouco se poden obviar os masivos despedimentos nas empresas que non optan aos ERTEs, que se deberían impedir cando menos mentres dura a situación de emerxencia, como pasa en Italia.
Ficamos nunha situación excepcional, fronte a un reto maior ao das vacas tolas, SARS, gripe aviar e porcina, MERS, évola, zika, etc. Dáse nun intre cun Governo que experimenta unha alianza entre dous partidos, e a resposta ao COVID-19 non é doada, tal como se está a comprobar noutros estados da contorna. Mais, mesmo con todos estes atrancos o reparto de recursos públicos entre clases, sectores e autonomías debe ser un proceso transparente, máxime cando por mor do confinamento en boa medida a acción das organizacións sociais e políticas vese reducida, co que isto implica de recorte de dereitos democráticos. Debe selo, asemade, porque non se poden obviar experiencias anteriores nefastas polos seus resultados pra clase traballadora, pois cando se recuperou a economía despois do período de emerxencia, como coa crise de 2008, mantivéronse vixentes os sacrificios (redución de salarios, precariedade e maior taxa de desemprego, fiscalidade, etc.).
Non se pode ignorar que non se valorou axeitadamente a rapidez coa que se difundiría a pandemia, por mor da internacionalización da produción e o comercio, dos desprazamentos masivos das persoas (turismo, negocios, etc). Tampouco se tivo en conta que se desmontou en boa medida o “estado de benestar”. A sanidade pública estivo entre os servizos nos que se reduciron os recursos, entregóuselles as concesionarias parte da xestión, todo en beneficio do sector privado. Os datos así o confirman, no ano 2009 a sanidade pública representaba un 6,7% do PIB e no 2019, despois do recorte coa escusa da crise era do 5,9%, mentres que este último ano o sector privado xa constituía o 3,3% do PIB; ou sexa, nada menos que o 36% dun servizo que é vital pra sociedade. Tamén as residencias de maiores amosaron as súas carencias (en que medida as públicas e as privadas?).
Agora cando o escenario é tan negativo comprendese a importancia do público, da súa eficacia, por algo se poñen todos os recursos privados a súa disposición, e a dereita non pode protestar. Este é un dos debates ao que da folgos o coronavirus, tamén á importancia de desenvolver unha economía autocentrada, diversificada e sustentábel. O capitalismo deixa en evidencia a súa fraxilidade, seus límites pra protexer a vida humana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Gonzalo Iglesias Sueiro
O neno e as superestruturas
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse
CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril
La Región
El G7: pompa sin frutos