Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Ata o fin do mundo
¡BUONE VISIONI!
Ridley Scott segue imparable. Aos seus 88 anos de idade gravou 5 películas nos últimos seis anos -ademais de colaborar en series e noutros proxectos como produtor– e ten xa outra media docena en marcha.
O seu último filme na carteleira chámase “La constelación del perro”, unha libre adaptación firmada polo guionista Mark L. Smith sobre a novela homónima de Peter Heller publicada en España por Blackie Books no 2014.
É un filme moi estadounidense –aínda que se gravou case enteiramente nos Alpes e en Cinecittà- e que mestura o xénero apocalíptico co cine de supervivencia en territorios salvaxes. A historia -ten algún cambio con respecto a novela orixinal- vira arredor de High (Jacob Elordi) un ex mecánico e piloto que sobreviviu a unha pandemia que acabou coa maioría da humanidade. O protagonista vive refuxiado, xunto co seu can e cun ex militar, Bangley, nos Montes Rocosos. Intentan manterse a salvo e defenderse dos ataques dos errantes “segadores”, pero un día Hig escoita unha misteriora transmisión radio, e irá á procura dunha vida mellor... “La constelación del perro” non se distancia doutras sagas apocalípticas, incluso de zombies aos que estamos acostumados, desde “La carretera” (2009) a “Sola en la tierra” (2019) ou “Finch” (2021) pasando pola serie “The Walking Dead”.
Scott atópase novamente nunha zona de confort -despois de arriscar un pouco máis nos seus últimos filmes– e fai unha película que soa a xa vista pero que quedou redonda. “La constelación del perro” non busca a solemnidade e grandilocuencia de “Napoleón” (2023) ou “Gladiator II” (2024). É un filme para nada pretensioso, interpretada por un puñado de actores e cunha boa química entre eles, gravada con moito oficio e sen grandes complicacións. A técnica do cineasta de gravar con seis-oito cámaras á vez para librar aos actores da agonía de facer infinitas tomas nunha mesma dirección, pareceu beneficiar o resultado.
“La constelación del perro” intenta tamén dar unha visión un pouco máis optimista sobre a humanidade e no medio do caos promove o valor do cotián ademais da empatía e a solidariedade. É un filme que se distancia das visións cru e terroríficas, por exemplo da saga de “Exterminio” ou da melancolía depresiva de “La carretera”.
Aínda así non faltan os momentos duros e tamén os clichés do xénero apocalíptico. Só por citar os máis evidentes: os enfrontamentos armados baixo a lóxica “matar o morrer” ou a desesperada procura dun “santuario” que resolva todos os problemas e enche o baleiro existencial dos protagonistas. Ao igual, a pesar das paisaxes naturais espectaculares, nótase certa artificialidade no decorado e a posta en escena, en xeral, resulta bastante convencional.
Finalmente “La constelación del perro” pode considerarse un filme correcto, máis considerando que o director, aos seus 88 anos, parece atoparse aínda lonxe da xubilación.
O cineasta e produtor Lloyd Kaufman será o convidado de honra da décima edición do Galician Freaky Film Festival. Director, produtor e unha das figuras máis singulares do cinema independente estadounidense, Kaufman visitará Galicia e Vigo por primeira vez. Participará á inauguración e en diferentes actividades do festival, que se vai celebrar do 17 ao 26 de setembro na Plaza Elíptica de Vigo.
La cartelera de la semana se renueva con variados géneros: destaca “Resident Evil”, sangrienta reinvención de la saga de terror dirigida por Zach Cregger sobre un mensajero atrapado en una noche caótica, junto a “Coyote vs. Acme”, comedia satírica que mezcla acción real con animación para llevar a juicio a la famosa corporación tras décadas de fallos.
El drama histórico llega con “Tiempo de victoria”, donde Andrew Scott y Brendan Fraser reviven la compleja viabilidad clave del histórico desembarco de Normandía.
Por su parte, Guy Ritchie firma “En la zona gris”, trepidante filme de acción donde agentes de élite intentan recuperar una fortuna robada por un peligroso tirano.
El suspenso continúa en “Operación Teherán”, donde Liam Neeson y Zachary Levi encarnan a exagentes de la CIA en una arriesgada misión de rescate para hallar redención.
El realizador argentino Pablo Trapero debuta en inglés, inspirado en Luis Buñuel, con “Sus hijos”, drama surrealista basado en la novela de David Gilbert, mientras que la comedia familiar “Mis queridísimos padres” completa la variada oferta cinematográfica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Ata o fin do mundo
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os obreiros son poucos
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
Rafael Dávila Álvarez
Homenaje de Orense a la Legión
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Ourense busca los primeros puntos del curso
CASI 11.000 PARTICIPANTES
El CHUO participa en un ensayo que podría cambiar el control del colon
DÉCIMO ANIVERSARIO
El Camiño de Inverno reparte sus credenciales