IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Igrexa Santa María – Francisco Blanco, Tameirón
PENSAR POR PENSAR
Cando o señor dos Peares naceu Galicia xa estaba baleirada de democracia. A cidadanía demócrata ou morrera durante a guerra xerada polo golpe de Estado de 1936 ou estaba silenciada ou emigrara a Hispanoamérica. Alí foron acollidos con fraternidade e a maioría botou raíces eternas. Antes, durante os dous últimos terzos do século XIX, controlouse a emigración de 180.018 galegos ao exterior. De 1911 a 1930 cruzaron o Atlántico 733.176 paisanos buscando unha vida mellor naquel continente. Despois do baleirado democrático, entre 1946 e 1960, cando o señor dos Peares dispoñíase a nacer, deixáronlle sitio libre 286.437 galegos traballadores. Por tanto é lóxico que ao rapaz ourensán este asunto da emigración sóelle a gaiterada romántica. Con todo debería coñecer o dato da creación en 1956 do Instituto Español de Emigración, nado baixo os auspicios do almirante Luís Carrero Blanco, que ata a chegada da transición empuxou a case medio millón de galegos a emigrar legalmente a Europa sen saber nin francés nin alemán nin inglés nin italiano nin romanche nin noruegués nin sueco nin practicar o protestantismo… eran so man de obra a bo prezo pero foron capaces de poboar o continente con Casas de Galicia e Centros Galegos para conservar a nosa cultura, idioma e idiosincrasia e encher de divisas as arcas da ditadura.
Ante a regularización de 500.000 inmigrantes residentes en España, o señor dos Peares asegura que, caso de gobernar, lles esixirá un maior coñecemento lingüístico
Neste século XXI atopar datos é máis complicado pero o señor dos Peares debese saber que as maletas de cartón dos nosos pais e avós foron cambiadas por mochilas e fermosas maletas de calidade. Agora Galicia exporta mocidade con estudos medios e superiores, ademais de profesionais como os sanitarios (estímanse uns 30.000 nos últimos anos) dos que adoecemos no país. Se do século XIX aos nosos días eses máis de dous millóns de galegos expulsados ao exterior, ademais dos empuxados a outras comunidades españolas como Cataluña, Madrid ou Euskadi, permanecesen na terra que lles viu nacer, formado familias e procreado con saúde, seguramente o terrible despoboamento de provincias como Lugo e Ourense, as máis prexudicadas, non se tería producido. E, por descontado, agora non sería necesario rogar ao santo patrón Santiago para que veñan outros emigrantes de América e África, con distintos acentos e cores de pel, e arraiguen entre nós evitando a desertización social e económica do territorio. O señor dos Peares isto non o ten nada claro.
Ante a regularización de 500.000 inmigrantes residentes en España, o señor dos Peares asegura que, caso de gobernar, lles esixirá un maior coñecemento lingüístico (galego, catalán, eúscaro?), cultural e constitucional. Non entrou no apartado relixioso pero é evidente que ao detestar “a fragmentación cultural” á que segundo el nos arrastraría “a diversidade cultural” tamén pon de manifesto o seu monoteísmo, ademais do ideolóxico, o das crenzas. O señor dos Peares pérdese en ambigüidades por caer nos brazos de Vox asegurando que “aquí non cabemos todos” e que a regulación do Goberno é oportunista para conseguir votos futuros. Terxiversa a lexislación e oculta que a extrema dereita de Giorgia Meloni, estrela de Abascal, en dous anos regularizou ás ocultas máis de 200.000 inmigrantes en Italia. Oculta que a regulación protexe o mercado laboral contra a precariedade e a competencia desleal, ademais de fortalecer as inspeccións e a igualdade impositiva.
O señor dos Peares na cuestión crucial de valorar a inmigración como un paso de cara ao futuro ignora a historia da Península e as débedas que a Galicia da diáspora ten contraídas coa emigración e co pasado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Igrexa Santa María – Francisco Blanco, Tameirón
Luis del Val
La extraña soberbia
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A emigración e un señor dos Peares
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os mortos vivos
Lo último
PRIMERA FUTGAL
Brais Fernández, del Peroxa: “Espero seguir marcando”
Gestión municipal
El gasto en personal merma las inversiones reales de Xinzo
Ante las villas termales españolas
Luis Menor defiende el termalismo como “oportunidade de vida”