Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
O artigo 155 da vixente Constitución faculta ao Goberno do Estado para intervir o Poder autonómico no marco da autorización que lle outorgue o Senado. Inspirouse na "coerción federal" do artigo 37 da Lei fundamental de Bonn (norma constiitucional alemá) e non constitúe un título competencial para anular, suspender ou suprimir os gobernos e/ou parlamentos autonómicos, nin moito menos para disolver éstes e convocar eleccións.
Outros ordenamentos federais ou de estados compostos, como as constitucións italiana e austriaca si prevén a posibilidade de suspender ou anular gobernos e parlamerntos territoriais en casos extremos. Mais as normas constitucionais española ou alemá non, ssençon que prevén con carácter aberto a posibilidade de intervir as Institucións autonómicas, a medio mesmo do resgate temporal de determinadas competencias, pero non constitúen autorización ningunha para que os gobernos centrais ocupen as institucións territoriais ou destitúan ninguén. De feito, o Congreso que aprobou a Constitución rexeitou unha emenda presentada pola AP de Manuel Fraga para lle outorgar ao Goberno do Estado a facultade de disolver parlamentos ou cesar autoridades autonómicas. Unha decisión que amosa nidiamente a intención dos constituíntes.
Cómpre clarexar que estes argumentos foron xa publicados hai anos por relevantes xuristas unionistas como José María Gil-Robles y Gil Delgado ou o profesor García de Enterría. Nos últimos días foi tamén a tese do Consell de Garantías Estatutàrias da Generalitat, o mesmo que declarou ilegal a aprobación das leis catalás de referéndum e transitoriedade. Velaí as evidencias desta arbitraria inconstitucionalidade. Porque, mesmo que se declararan consonte co artigo 116 da Constitución o estado de excepción ou o estado de sitio esta declaración non podería nunca disolver o Parlament nin cesar o Govern.
A aprobación deste 155 ven de liquidar as poucas garantías de autogoberno para Galicia e demáis nacionalidades, definidas na Constitución e nos Estatutos. O Goberno do Estado, seguindo a Carl Schmitt, ven de se situar por riba da Constitución ao lexislar sobre o estado de excepción á marxe da mesma, enviando a mensaxe de que, no futuro, considerarase legal todo o que acorde o Poder Central do Reino de España.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Afonso Vázquez-Monxardín
As xoais de Zapatero, oportunidade perdida
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia